O BNG PIDE UN PLAN DE ACTUACIÓN ESPECÍFICO PARA LAMAS DE PRADO
O BNG presentará unha serie de inciativas reclamando unha maior limpeza da zona, arranxo de beirarrúas, eliminación de barreiras arquitectónicas e pintado de sinalización horizontal
Non estamos a falar dun elevado custe económico, se non dunha maior preocupación por esta zona de Lugo que é unha das que concentra maior número de habitantes dixo Abraira
Lugo, 31 de xaneiro de 2015. Tras unha visita ao barrio de Lamas de Prado a voceira do BNG no concello de Lugo, Paz Abraira, anunciou a presentación dunha serie de iniciativas para pedir a mellora de diversos aspectos do barrio. Abraira explicou que foron un grupo de veciños quenes demandaron a presenzao do BNG ante a falta de resposta do goberno municiapal ás súas reclamacións. Abraira dixo que non é a primeira vez, nin será a última que reclamamos un plan de actuación especial para este barrio no que viven moitas persoas e algunhas delas con dificultades especiais.
Abraira estivo acompañada do candidato do BNG-Asambleas Abertas, Rubén Arroxo, e da edil Cristina Ferreiro sinalou que cando se dan circunstacias especiais as respostas teñen que ser especiais e este barrio é unha boa mostra. Para o BNG compre mellorar a limpeza das rúas e beirarrúas ademais de esixirlles aos propietarios a limpeza e peche dos solares. Abraira sinalou que tamén existe problemas coa presenza de roedores e deben de incrementarse as medidas de desratización que o concello ven aplicando.
Os veciños explicaron que xa fixeran diversas reclamacións ao concello pero todas elas foron desatendidas. Entre outras cousas, os veciños presentaron reclamacións para que se restauraran os bancos da zona e se procedera ao arranxo das bierarrúas que se atopan deterioradas. Outro dos aspectos que reclaman as persoas que viven en Lamas de Prado é que se atendan debidamente as árbores exitentes xa que moitas delas son foco de suciedade para os edificios próximos. Non estamos a falar dun elevado custe económico, se non dunha maior preocupación por esta zona de Lugo que é unha das que concentra maior número de habitantes dixo Abraira
Pintado das rúas e elimintación de barreiras arquitectónicas
O BNG xa reclamara con anterioridade, segundo afirmou Paz Abraira, a necesidade de acometar un plan de eliminación de barreiras arquitectónicas no barrio xa que son moitas as persoas maiores e con problemas de mobilidade que viven nesta zona. Outra das demandas que os veciños lles platexaron ás prepresentates do BNG foi a necesidade de delimitar, mediante sinalización horizontal, as prazas de aparcamento das rúas do barrio.