A LEALDADE COAS PERSOAS ESTARÁ POR RIBA DESA CHAMADA LEALDADE INSTITUCIONAL DIXO RUBÉN ARROXO
As persoas que conforman o primeiro tramo da candidatura BNG-Asambleas Abertas abriron hoxe unha ronda de xuntanzas para configurar o programa electoral para as vindeiras eleccións municipais
Arroxo conviduou a participar na elaboración do programa a todas aquelas persoas que desexen contribuir a facer de Lugo un concello de futuro
Lugo, 3 de febreiro de 2015. Tras unha xuntanza do primeiro tramo da candidatura do BNG Asambleas Abertas, Rubén Arroxo declarou que as prioridades da súa formación estarán na defensa das persoas por riba dos intereses chamados institucionais. Para nos a lealdade coas persoas estará por riba desa chamada lealdade institucional que, en moitas ocasións, so serven para tomar medidas en contra da xente dixo Rubén Arroxo.
Para a candidatura nacionalista os concellos teñen que converterse en baluartes de defensa das persoas fronte ás políticas agresivas que proceden do goberno do estado. Arroxo sinalou que en Lugo xa presenciamos como PP e PSOE amañaban acordos para repartirse os cartos dos remanentes municipais e onte vimos a escenificación máis nítida, a nivel estatal, de que as políticas de PP e PSOE son as mesmas.
Rubén Arroxo dixo que inciamos estas comisións abertas para que o programa sexa froito da intelixencia colectiva. Nesta primeira xuntanza, na que participaron ademais de militantes e simpatizantes persoas relacionadas con diversos colectivos cidadáns, abordaranse temas relacionados co medio ambiente, coas infraestruturas e co urbanismo.
O candidato do BNG Asambleas Abertas, Rubén Arroxo, mantivo unha xuntanza coas persoas que conforman o primeiro tramo da candidatura para trazar as liñas xerais de traballo de cara á elaboración do programa electoral. Esta primeira xuntanza foi coincidente no tempo coa celebración da primeira comisión de traballo para a elaboración do programa. Arroxo convidou a participar na elaboración do programa a todas aquelas persoas que desexen contribuir a facer de Lugo un concello de futuro e informou das datas de celebración das comisións de traballo que se detallan a continuación:
1.- Medioambiente, Infraestruturas e Urbanismo - martes 3 de febreiro
2.- Deportes mércores 4 de febreiro
3.- Mocidade sábado 7 de febreiro. Centro Social Maruxa Mallo ás 12:00 h.
4.- Cultura, Patrimonio, Turismo e Lingua martes 10 de febreiro
5.- Benestar mércores 11 de febreiro
6.- Zona Rural xoves 12 de febreiro
7.- Igualdade xoves 19 de febreiro
8.- Economía e Emprego mercores 25 de febreiro