O BNG PIDE A DIMISIÓN DE TODOS OS REPRESENTANTES DO PP DE LUGO NO PARLAMENTO GALEGO
Rubén Arroxo dixo que o traidor maior de Lugo, como é coñecido Jaime Castiñeira, non pode representar aos lucenses, nin debe ser candidato á alcaldía
Cosme Pombo preguntouse se realmente Feijoo necesita máis mortos para xustificar a posta en marcha dun servizo necesario e se tamén o creen así os parlamentario do PP lucense
Lugo, 5 de febreiro de 2015. Para o BNG resulta intolerable a actitude do partido popular con Lugo. Non pode ser que Feijoo mande a Lugo a súa conselleira a insultar a intelixencia dos lucenses asegurou o parlamentario Cosme Pombo que acudiu ao HULA, acompañado do deputado provincial Mario Outeiro, da voceira municipal Paz Abrarira e do candidato á alcaldía Rubén Arroxo. Os nacionalistas deixaron patente, coa súa presenza ante o HULA, a indignación de todas e todos os lucenses tras as últimas declaracións da conselleira de sanidade no referente á implantación do servizo de hemodinámica as 24h.
O candidato á alcaldía de Lugo, Rubén Arroxo, dixo que o traidor maior de Lugo, como é coñecido Jaime Castiñeira, non pode representar aos lucenses, nin debe ser candidato á alcaldía. Arroxo esixiu a dimisión de todos os representantes do PP no parlamento galego por que están votando, día tras día, en contra dos nosos intereses. Para o candidato nacionalista sería ben lamentable que as bases do partido popular mantiveran como candidato a este home que está máis preocupado por ter contento a Feijoo que por defender a saúde da xente de Lugo.
O paralamentario do BNG, Cosme Pombo, a actitude de suposta valentía que amosou onte esta conselleira, que nos veu contar as súas verdades, é a covardía de Núñez Feijoo que no ano 2011 mentiunos a todos. Cosme Pombo preguntouse se realmente Feijoo necesita máis mortos para xustificar a posta en marcha dun servizo necesario e se tamén o creen así os parlamentario do PP lucense. Esta cuestión realizouna o parlamentario nacionalista en relación ás razóns dadas pola conselleira para a non implantación do servizo de hemodinámica as 24h.