O BNG PÍDELLE AO CONCELLO E Á XUNTA A REHABILITACIÓN INMEDIATA DO MUSEO DE SAN ROQUE
Antón Bao lembrou que Concello e Xunta tiñan encamiñado o proxecto para a rehabilitación e os gastos asumirianse ao 50% entr ambas administracións
Este verán os visitantes tampouco poderán disfrutar desta instalación que se atopa pechada por falta de timón político
LUGO, 21 de maio de 2013. O BNG dirixiuse ao goberno municipal do concello de Lugo para que axilice os trámites necesarios para efectivizar o acordo establecido coa Xunta de Galiza para realizar as obras de rehabilitación necesarias no Museo de San Roque. Xunta Antón Bao lembrou que xa existe un acordo coa Xunta para acometer o proxecto de rehabilitación no que cada unha das administracións aportarían a metade dos fondos precisos que, segundo Bao, rondan os 56.000
Para o BNG resulta preocupante a tardanza en resolver o acordo acadado, fai máis dun ano, coa Dirección Xeral de Patrimonio para executar o proxecto de rehabilitación do Museo de San Roque. A pesar de que todo esta encamiñado, entre Concello e Xunta, para que se efectivicen as obras necesarias precisase certo tempo para a elaboración do proxecto e para a execución da rehabilitación. O voceiro do BNG dixo que coñecendo cales son os ritmos da administracións todo nos fai pensar que imos a pasar outro verán sen que os visitantes poidan disfrutar desta instalación.
Antón Bao explicou que o museo de San Roque foi concibido como un dos puntais da rede museística municipal e acusou ao goberno do PSOE de falta de timón político á hora de acometer o proxecto de rehabilitación. Bao lembrou que o proxecto tería que ser adxudicado polo concello e por esto o BNG insta ao Concello e a Xunta a que inicien os trámites para que se elabore o proxecto de rehabilitación e se executen as obras necesarias.