O BNG PREGUNTARÁ AO MINISTERIO DE FOMENTO POLOS ACCESOS Á LUGO DENDE A NOVA PONTE

O BNG PREGUNTARÁ AO MINISTERIO DE FOMENTO POLOS ACCESOS Á LUGO DENDE A NOVA PONTE

A deputada Rosana Pérez visitou Lugo e dixo que “o Ministerio incumpre os seus compromisos con Lugo sistematicamente”

Para o BNG “é necesario que se rematen as obras de conexión da nova ponte coa cidade”

Lugo, a 28 de xuño de 2013. Adeputada do BNG no congreso dos Deputados, Rosana Pérez, vai a dirixirse á ministra de Fomento para reclamarlle que clarifique cales van ser os accesos á cidade de Lugo dende a nova ponte. Segundo Rosana Pérez “a ponte leva dous anos rematada e había un proxecto comprometido para mellorar os accesos á cidade pero, a día de hoxe, todo sigue como estaba”. Rosana Pérez lembrou que a ponte xa leva máis de dous anos rematada e que vemos “como o Ministerio Incumpre os seus compromisos con Lugo sistematicamente”. Para o BNG resulta “necesario que se rematen as obras dos de conexión dende a ponte á cidade xa que estaban contempladas no proxecto inicial e non hai razón para demoralas”.

Rosana Pérez, como Deputada do BNG, vai presentar no Congreso iniciativas para demandar do Ministerio de Fomento información da situación na que se atopa a redacción do proxecto para os novos accesos. Un proxecto que foi anunciado polo anterior responsable do ministerio e tamén, a finais do pasado ano, pola actual ministra pero do que se descoñece o seu contido. Ademais o BNG demandará que se proceda, o antes posible, a executar as obras necesarias para dar cumprimento ao compromiso do Ministerio de Fomento en relación a este asunto.

A edil do BNG, Paz Abraira, que acompañou á deputada Rosana Pérez, recalcou a necesidade de executar as obras que estaban previstas no proxecto orixinal para atallar os problemas de seguridade viaria como os que se dan no entronque da N-VI coa avenida de Afonso X, un enlace que edil do BNG cualificou como “deficiente e inseguro”. Abraira lembrou que para este cruce estaba comprometida, no proxecto inicial, a construción dunha rotonda e sinalou que “esta é a vía principal de comunicación co Campus Universitario e zona sur da cidade”.

Para o BNG é fundamental que se de unha solución e se mellore a conexión a través da Volta da Viña. Hai que ter en conta que este é o acceso máis utilizado para moita xente que vive nas parroquias da outra beira do Miño. Este enlace tamén é o máis utilizado por veciños e veciñas do barrio da ponte e debe de ser unha prioridade mellorar as conexións co barrio da Ponte xa que, segundo Paz Abraira “A Ponte precisa de boas comunicacións coa cidade para mellorar os servizos e os accesos ao barrio”.

O BNG PREGUNTARÁ AO MINISTERIO DE FOMENTO POLOS ACCESOS Á LUGO DENDE A NOVA PONTE