O BNG preguntará polos criterios de uso da Aula CEMIT do centro Social María Balteira
Estamos ante outro investimento da Xunta e do Concello que non é de utilidade para os veciños e veciñas pola mala xestión asegurou Rubén Arroxo
Utilizar esta instalación aforraríalles a moitos lucenses ter que desprazarse para asistir a accións formativas que se imparten, tamén, por medios telemáticos
Lugo, 1 de xuño 2016. O voceiro de BNG Asembleas Abertas, Rubén Arroxo, preguntará ao goberno municipal como se xestiona a Aula CEMIT existente no Centro Social Maria Balteira, na Piringalla. Recibimos queixas de persoas que solicitaron a utilización desta aula tecnolóxica para asistir, por video conferencia, a cursos que se imparten noutras cidades pero non recibiron información e parece que non está estipulado un mecanismo para o uso desta instalación afirmou Rubén Arroxo.
Estamos ante outro investimento da Xunta e do Concello que non é de utilidade para os veciños e veciñas pola mala xestión asegurou Rubén Arroxo e engadiu fíxose a obra, gastáronse os cartos e agora nin o Concello nin a Xunta saben como xestionar esta instalación. Arroxo incidiu en que queremos saber que uso se lle da instalación e como se fai para que non se converta nun novo derroche de cartos públicos que non repercuten na mellora de calidade vida das persoas.
Na web, que depende da Xunta, que informa sobre as actividades vese claramente como nesta Aula, que está situada nun centro social do Concello de Lugo, non existe actividade prevista nin existiu actividade recentemente (https://cemit.xunta.gal/es/centro/96). Un total de 98 Aulas CEMIT implantaronse en 92 concellos galegos. Está integrada por 98 aulas, chegando a todos os puntos da xeografía galega, de tal xeito que todo galego/a ten un aula a media hora de distancia do seu fogar e pode acceder á formación dende calquera punto. Estas aulas foron equipadas coa última tecnología en internet e sistemas de videoconferencia.
Estas aulas tecnolóxicas, coñecidas como Aulas CEMIT, foron creadas dentro da Rede de Centros para a Modernización e a Inclusión Tecnolóxica (Rede CeMIT). Foi unha iniciativa posta en marcha pola Axencia para a Modernización Tecnolóxica de Galicia (Amtega) da Xunta da Galiza e formaba parte da Axenda Dixital 2014.gal, enmarcada no Plan Estratéxico Galicia 2010-2014 que tiña como fin acadar a converxencia tecnolóxica con Europa no horizonte do ano 2020.