Olalla Rodil encabeza a candidatura do BNG por Lugo ás eleccións xerais do 26 de xuño
Fronte ao espectáculo e a banalidade queremos falar de política, sen tutelas de ninguén, para decidir sobre o noso alí onde se toma as decisións dixo Olalla Rodil
Ana Pontón afirmou que imos representar a todas as persoas que apostan por unha forza política propia e que queren un cambio nas políticas do estado
Lugo, 30 de maio de 2016. O BNG presentou, en Lugo, ás persoas que formarán parte deste proxecto político no que se integra NÓS Candidatura Galega xunto do que forman parte outras forzas políticas. Olalla Rodíl encabeza a lista ao Congreso d@s Deputad@s e Rosana Pérez será a candidata ao Senado. Ademais, a lista ao Congreso está configurada por Xosé Antón Ledo, Montserrat Porteiro e Xosé Paleo. Por outra banda, a lista ao Senado está conformada por Rosana Prieto, Mario Pillado Mon e Luis López Melle. As persoas que compoñen a candidutra estiveron respaldados, nesta presentación, pola portavoz nacional do BNG, polo vicepresidente da Deputación, Antonio Veiga, e por ediles do BNG no concello de Lugo.
A candidata do BNG ao Congreso, Olalla Rodil, é xornalista naceu no ano 1989 na Ribeira de Piquín. Rodil sinalou que dende o BNG tomamos esta nova convocatoria como nova oportunidade e un novo reto para cambiar realmente as cousas e explicou que fronte ao espectáculo e a vanalidade queremos falar de política, sen tutelas de ninguén, para decidir sobre o noso alí onde se toma as decisións. Olalla Rodil achegouse hoxe a Lugo dende Ribeira de Piquín pola N-640 e lembrou que no mes de decembro anunciáronos o comenzo as obras da N-640 para o mes de maio e o cambio de goberno en Madrid, máis seguimos agardando polos obreiros nesa estrada e polo cambio en Madrid onde segue a gobernar o PP.
Rodil afirmou que nestes cinco meses, Galiza, e no concreto Lugo, estiveron ausentes das mesas de negociación e engadiu que para iso o BNG presenta esta candidatura, para ter voz propia para reclamar o dereito a ter traballo e a vivir aínda que sexamos gandeiras, perruqueiras, traballadoras do telemarketing, xornalistas ou empregadas públicas. Nada mudará por cambiar o cu de quen se senta na Moncloa se o único que nos queda aquí en Lugo en seguir agardando dixo a candidata do BNG e engadiu que queremos facer parte desa mudanza poñendo enriba da mesa as cousas que nos afectan e nos preocupan, non agardamos que outros nos resolvan os problemas por que queremos estar nos centros decisión para resolver nós os nosos problemas.
Pola súa banda a portavoz nacional do BNG, Ana Pontón, dixo que estas eleccións son unha segunda oportunidade para que Galiza recupere unha voz propia e sinalou ao BNG como a alternativa máis útil para Galiza por que galegas e galegos non temos que escoller entre desaloxar a Mariano Rajoy e ter unha alternativa que nos defenda, para eso está o BNG. Pontón afirmou que o BNG defenderá os intereses deste país sen importar a opinión de Pablo Iglesias, Pedro Sánchez, ou Mariano Rajoy.
Pontón afirmou que o BNG enfrenta estas eleccións coa vocación de representar a todas as persoas que apostan por unha forza política propia e que queren un cambio nas políticas do estado e dixo que Galiza está nunha situación de emerxencia nacional e temos moi claro que os que nos levaron a esta situación de máis precariedade, máis pobreza e máis desigualdade non van ser quen nos saque deste pozo. A portavoz do BNG apostou por coller da man a todas as persoas que perderon a esperanza por que viron que estes últimos cinco meses foron un tempo de paripé e teatriño onde solo se loitou polos intereses dos partidos e se esquenceron dos intereses da xente.
Por outra banda Rosana Prieto, candidata ao Senado, sinalou que dín un paso adiante para participar nesta candidatura por que pertenzo a unha das xeracións mellor formadas da historia, estudei con bolsas públicas que hoxe xa non poden disfrutar as persoas que concorran nas mesmas circuntancias socioeconómicas que eu tiña, coido que os tempos son chegados, e que a obriga hoxe é, moral e social. Interviu tamén o número dous da candidatura ao congreso de Xosé Antón Ledo que lembrou as loitas sociais e o que significou para Galiza a presenza do BNG no congreso dos deputados.
NOTA: Achégase corte de voz e fotos e listaxe das candidaturas ao Congreso e o Senado.
Candidatura por Lugo ao Congreso
OLALLA RODIL FERNÁNDEZ
XOSÉ ANTÓN LEDO PAN
MONTSERRAT PORTEIRO SÁNCHEZ
XOSÉ PALEO RODRÍGUEZ
Suplentes
FELIPE RIVAS JORGE
BELÉN GONZÁLEZ MARTÍNEZ
XABIER CASTRO MARTÍNEZ
NATALIA CABANA RANCAÑO
MANUEL REQUEIJO ARNEJO
DOROTEA GONZÁLEZ FRAGA
IAGO VILLAMIL CAJOTO
ELVA CARREIRA GONZÁLEZ
MARTÍN GRAÑA PÉREZ
MARÍA MONTSERRAT TUBÍO FERNÁNDEZ
Candidatura ao Senado
ROSANA PRIETO FLORINES
MARIO PILLADO MON
LUÍS ÁNGEL LÓPEZ MELLE
Suplentes
MARÍA JESÚS GIL CASTRO
RICARDO OTERO LÓPEZ
ERNESTO CAÑEDO SAÍNS
MARÍA DO CARME PERNAS BERMÚDEZ
ANTÍA NIEVES RODRÍGUEZ
MARCIAL BARRAL VÁZQUEZ