Rubén Arroxo propón a colocación dun cronómetro de conta-atrás no semáforo da Porta do Hospital
A existencia do foto-vermello que sanciona, de xeito automático, aos vehículos que traspasan o semáforo en vermello provoca freadas bruscas dalgúns condutores
Igual que se instalaron cronómetros de conta-atrás nos semáforos para peóns deberíase instalar un para os coches agora que se están rematando obras nesta zona da ronda dixo Arroxo
Lugo, 27 de maio de 2016. O voceiro do BNG Asembleas Abertas, Rubén Arroxo, trasladaralle unha proposta ao goberno municipal pedindo a colocación dun cronómetro de conta atrás no semáforo que controla o paso de vehículos da ronda na Porta do Hospital. Rubén Arroxo explicou que a existencia do foto-vermello que sanciona, de xeito automático, aos vehículos que traspasan o semáforo en vermello provoca freadas bruscas dalgúns condutores esto supón un perigo de accidentes que se pode evitar facilmente coa instalación dun dispositivo que indique o tempo que resta para que o peche do semáforo.
O BNG Asembleas Abertas presentará esta proposta neste momento por que entendemos que agora é o momento xa que se están rematando as obras de reasfaltado neste tramo da ronda. Igual que se instalaron cronómetros de conta-atrás nos semáforos para peóns deberíase instalar un para os coches agora que se están rematando obras nesta zona da ronda dixo Arroxo.