O BNG PRESENTOU UNHA EMENDA AOS ORZAMENTOS DA XUNTA RECLAMANDO 2 MILLÓNS PARA O PLAN PARADA
É ridiculo que o PP lle asigne ás obras do Plan Paradai un orzamento de 300.000 para este ano
Un incumprimento flagrante que vai con 10 anos de retraso que afecta ás Gándaras, ao Sagrado Corazón, a Parai, ao Ceao, ao HULA e ao acceso á cidade
Lugo, a 6 de febreiro de 2013. O deputado do BNG no Parlamento Galego, Cosme Pombo, presentou unha emenda parcial aos orzamentos da Xunta que se incremente a partida designada para o Plan Paradai. O BNG solicita na súa emenda un incremento de dous millóns de euros para as obras paralizadas de Paradai. Segundo Cosme Pombo o Goberno Galego somentes ten previsto asignar, neste ano, 300.000 euros que resultan insuficientes para executar estas obras tan necesarias para a cidade. Para o BNG poñer unha partida de 300.000 euros cando sabemos que estamos falando dun orzamento de máis de 3 millóns de euros para executar as obras que faltan e de máis de 9 millóns de euros no conxunto do Plan Paradai.
A proposta que presentou o Goberno Galego de modificación do convenio é inasumible para a cidade de Lugo. Non se poden eliminar dúas das obras prioritarias e executar únicamente unhas obras que deixarían sen solucionar o problema dos accesos á cidade. Esta paralización nas obras do Plan Padai supón un incumprimento flagrante que vai con 10 anos de retraso que afecta ás Gándaras, ao Sagrado Corazón, a Parai, ao Ceao, ao HULA e ao acceso á cidade. Na visita á zona de Paradai a concelleira Paz Abraira sinalou que a falta de investimento para rematar estas obras supón un problema para o futuro de Lugo se queremos que se desenvolva dun xeito armónico e sostible por que para esto os barrios teñen que estar comunicados en boas condicións. Para os nacionalistas os retrasos intencionados da Xunta non son máis que unha dilación para deixar a Lugo abandoado e non cumprir os compromisos.