O BNG PRESENTOULLE A ADEGA A SÚA INICIATIVA SOBRE XESTIÓN DO LIXO

O BNG PRESENTOULLE A ADEGA A SÚA INICIATIVA SOBRE XESTIÓN DO LIXO

O BNG trasladará ao vindeiro pleno do concello de Lugo unha proposción para reclamar unha xestión ecolóxica e sustentábel do lixo

Un cambio na xestión do lixo suporía a creación duns 3.000 empregos

LUGO, 3 de outubro de 2013. Concelleiros do grupo municipal do BNG de Lugo e o responsábel local achegáronse á sede da Asociación para a Defensa Ecolóxica de Galiza (ADEGA)  para presentarlles a proposición que trasladarán ao pleno do concello de Lugo. Os nacionalistas pretenden, con esta proposición, un acordo unánime dos grupos políticos para establecer un modelo de xestión ecolóxica e sustentábel do lixo neste concello.

O BNG demandará que o concello inste á Xunta a abandonar a idea de construír unha nova incineradora de residuos urbanos no noso país. Poderíanse destinar os fondos previstos para este investimento a financiar proxectos comarcais de reciclaxe e compostaxe. O BNG reclámalle ao Goberno galego que financie prioritariamente actuacións de recollida selectiva, acompañado de educación ambiental e implantación da compostaxe doméstica e comunitaria.

Os nacionalistas solicitarán a posta en marcha de programas de educación ambiental para a redución de residuos. Tamén solicitarán do goberno municipal que se implante progresivamente, pero sen demora, a xestión dos residuos orgánicos das 54 parroquias do concello de Lugo mediante a compostaxe caseira e/ou comunitaria.

Segundo Paz Abraira a implantación de sistemas de recollida selectiva do lixo, incrementar a reciclaxe e promover a compostaxe supón “levar ao concello de lugo na dirección na que camiñan as sociedades máis avanzadas”. Para o BNG a actual política da Xunta de Galiza nesta cuestión,”é un auténtico fracaso que nin resolveu os problemas de financiamento dos servizos de xestión de residuos, nin permitiu os mínimos avances ecolóxicos”.

A Xunta modificou o plan de xestión PXRUG 2010-2011, “mais non para avanzar na xestión ecolóxica do lixo e na sustentabilidade económica da mesma, senón para facilitar a instalación dunha nova incineradora en Cerceda, unha vez abortado o seu proxecto para O Irixo, a que ten previsto financiar con 218 millóns de euros” dixo Abraira. Algo que implica máis custos para os concellos e menos empregos.

O BNG PRESENTOULLE A ADEGA A SÚA INICIATIVA SOBRE XESTIÓN DO LIXO