O BNG TRAZA A “RUTA DO LIXO” NO ENTORNO DA CIDADE

O BNG TRAZA A “RUTA DO LIXO” NO ENTORNO DA CIDADE

A edil Paz Abraira pide “a intervención inmediata do concello e na necesidade da educación dos cidadáns para que os residuos se depositen onde corresponde”

Polo menos catro puntos, nas zonas de Fingoi e Marcelle, aparecen como depósitos de lixo que, cada vez, acumulan máis restos

LUGO, 2 de outubro de 2013. A edil do BNG no concello de Lugo, Paz Abraira, den

unciou a existencia dunha “auténtica ruta do lixo” no entorno da cidade. O BNG demanda “a intervención inmediata do concello para a súa eliminación”. O BNG xa denunciou fai máis de 3 meses a existencia dalgún destes

vertedoiros e o concello non fixo nada para eliminalos. Polo menos catro puntos, nas zonas de Fingoi e Marcelle, aparecen como depósitos de lixo que, cada vez, acumulan máis restos como colchóns, electrodomésticos, televisores, escombros, etc...

Para Abraira “é lamentabel que en zonas de un alto valor ecolóxico e paisaxístico, como son as carballeiras de Fingoi e Marcelle, sexan utilizadas como vertedoiros de lixo e o concello non acometa a eliminación dos mesmos”. A existencia deste tipo de vertedoiros resulta preocupante para o BNG xa que normalmente producen un “efecto chamada” que provoca que nas zonas onde están ubicadas se vaia acumulando cada vez máis lixo.

Ademais de solicitar a intervención, necesaira do concello, a edil do BNG apleou tamén á

“responsabilidade a veciños e veciñas para que desaparezan os vertedoiros incontrolados” e “n

a necesidade da educación dos cidadáns para que os residuos se depositen onde corresponde”. Paz Abraira lembrou que o concello dispón dun punto limpo no polígono do Ceao onde se pode depositar calquera tipo de residuo e que se pode solicitar, tamén, a recollida domiciliaria daqueles restos que non se deben de

depositar nos contedores de lixo.

O BNG TRAZA A “RUTA DO LIXO” NO ENTORNO DA CIDADE