“OS ORZAMENTOS DO ESTADO PARA LUGO ESTÁN ESCRITOS CON TINTA INVISIBEL” SEGUNDO O BNG

“OS ORZAMENTOS DO ESTADO PARA LUGO ESTÁN ESCRITOS CON TINTA INVISIBEL” SEGUNDO O BNG

Antón Bao afirmou que “As políticas orzamentarias do PP sempre serven para facer ricos máis ricos e pobres máis pobres”

Para o BNG o importante non son as cifras que figuran nos orzamentos se non a execución das mesmas e a xente sabe que Os investimentos en Lugo están atrofiados logo de décadas de retrasos

LUGO, 1 de outubro de 2013. “Os orzamento do estado para Lugo están escritos con tinta invisíbel por que todo o escrito desaparece na inanición do goberno do PP” así valorou Antón Bao os orzamentos do Estado para o ano 2014 no que atinxe ao concello de Lugo. Para o BNG todas as cifras refrectidas, polo partido popular, no documento que recolle os orzamentos do Estado para o ano 2014 non indican “absolutamente nada” por que o goberno non executa esas partidas e Lugo permanece esquecido.

O voceiro do BNG no concello de Lugo dixo que “as cifras poden vestirse como se queira pero con estes orzamentos os pensionistas de Lugo van ser aínda máis pobres, as persoas desempregadas de Lugo quedan abandonadas sen prestacións por desemprego e os traballadores públicos seguen a ser maltratados, esta é a realidade dos orzamentos do Partido Popular no goberno do Estado”. Estes orzamentos, dixo Antón Bao, “como todos os do PP serven para facer máis ricos e máis pobres aos pobres

Respecto dos investimentos en Lugo, Antón Bao asegurou que “están atrofiados logo de décadas de retrasos”. Para o BNG nada se pode cualificar de “novo” ou “impulso” por que ano tras ano se deixa sen facer o que se prometía. As conexións ferroviarias desaparecen e con elas un modelo estratéxico de transportes que a Lugo lle é negado sistematicamente. As autovías a Santiago e a do Cantábrico acumulan retrasos de décadas por que unha cousa é o que se pon nos papeis e outra o que se fai, practicamente nada.

“OS ORZAMENTOS DO ESTADO PARA LUGO ESTÁN ESCRITOS CON TINTA INVISIBEL” SEGUNDO O BNG