O BNG promove en Lugo un encontro dentro do “Proceso Adiante”

O BNG promove en Lugo un encontro dentro do “Proceso Adiante”

IMG_6160Este proceso servirá para actualizar o discurso do Bloque, recuperar o pulso social e ensanchar a base social do nacionalismo

“Imos acadar un proxecto nacionalista renovado para aspirara a todo” dixo Luis Blanco como responsábel local do BNG de Lugo

Lugo, 29 de abril 2016. “Neste espazo novo e de futuro para Lugo presentamos hoxe o proceso que vai levar a unha nova e ilusiónante etapa do BNG” dixo o responsable local diante da Mosqueira, donde simpatizantes do BNG compareceron hoxe, xunto cos ediles Maite Ferreiro, Rubén Arroxo e o responsábel local Luis Blanco, para presentar a asemblea aberta que promoverán o vindeiro martes, 3 de maio, no centro social Maruja Mallo de Lugo. Este encontro, enmarcado no Proceso Adiante. Relanzar o proxecto nacionalista para, no prazo máximo dun ano, poñer a punto o proxecto político con tres grandes obxectivos que sintetizou a o responsable local, Luis Blanco, na rolda de prensa de presentación.

O BNG arranca a folla de ruta para o proceso de refundación baixo a denominación Proceso Adiante que ten por obxectivos primeiro, actualizar o discurso do Bloque “nun momento en que consideramos que o nacionalismo é máis necesario que nunca”; segundo, recuperar o pulso social e electoral para que o BNG sexa peza clave na derrota do PP e, en terceiro lugar, ensanchar a base social do nacionalismo, “o BNG como casa común de todos e de todas as nacionalistas”.

“O Proceso Adiante determinará que aspectos temos que corrixir e mellorar para ofrecer ao conxunto da sociedade galega un proxecto nacionalista renovado, reforzado que aspire absolutamente a todo”, salientou Rubén Arroxo, un proceso participativo e transparente ao que tamén se incorporen “homes e mulleres que sen militar no BNG comparten que Galiza precisa un proxecto nacionalista forte”.

Diferente polo contido e polo alcance, o Proceso Adiante arranca en abril coa celebración de máis dun cento de encontros abertos por todo o país e a posta a disposición da web www.adiante.gal para que calquera persoa poda realizar aportacións. “Será un exemplo de transparencia no que todas as conclusións, documentación e resultados de votacións van estar dispoñibles neste portal para a súa libre consulta”, explicou Blanco.

Cronograma

Tras a fase inicial de diagnose ao longo do vindeiro mes, o cronograma do Proceso Adiante segue cunha actualización da radiografía de Galiza tras oito anos de crise, e a reformulación da estratexia do Bloque como ferramenta política, para finalizar o proceso de refundación establecendo cal debe ser o modelo organizativo e de participación. “Queremos dar cabida a todas as persoas que se sintan nacionalistas ou crean que Galiza precisa forzas políticas propias para plantar cara aos desafíos que temos e superar a crise na que levamos moito tempo”, explicaba Ribadulla.

O Proceso Adiante ten unha formulación “flexible” en función da data final das eleccións galegas e dunha previsible repetición das eleccións xerais, e xa traballa no calendario para a elaboración de programa e conformación de candidaturas coa perspectiva de “fortalecer un proxecto nacionalista máis necesario ca nunca para ser antídoto ás políticas centralistas que tanto dano teñen causado”.

Sumar e acumular forzas

De cara aos comicios galegos, o Bloque traballará para “sumar e acumular forzas” para conformar unha candidatura nacionalista que sexa clave na derrota do PP. Na rolda de prensa de presentación do Proceso Adiante en Lugo, o responsable local estivo acompañada de dúas persoas que, como simpatizantes, participaron na candidatura do BNG – Asambleas Abertas nas pasadas eleccións locais: Daniel Cabana e Cristina López.

O BNG promove en Lugo un encontro dentro do “Proceso Adiante”