O BNG PROPÓN A COLOCACIÓN DUNHA PANCARTA CONTRA A VIOLENCIA DE XÉNERO NO BALCÓN DO CONCELLO

O BNG PROPÓN A COLOCACIÓN DUNHA PANCARTA CONTRA A VIOLENCIA DE XÉNERO NO BALCÓN DO CONCELLO

fotos 300A edil do BNG, Cristina Ferreiro, lembroulle ao alcalde que ao alcalde que o concello de Lugo debe manifestar dun xeito contundente o seu rexeitamente a este tipo de violencia 

A proposta foi feita polo BNG no transcurso do último foro de igualdade celebrado no concello de Lugo pero aínda non tivo resposta por parte do goberno local 

Lugo, 30 de outubro 2014.  A edil do BNG no concello de Lugo, Cristina Ferreiro, dixo que “dada a actual situación de repunte do terrorismo machista” é necesario que “o concello de Lugo debe manifestar dun xeito contundente o seu rexeitamente a este tipo de violencia”. O BNG propón a colocación dunha pancarta contra a violencia de xénero no balcón do concello durante todo o mes de novembro para que “todos e todas as lucenses teñamos presente que este problema existe e cada día súfreno miles de mulleres”.

A edil do BNG manifestou, na pasada xuntanza do foro de igualdade, a proposta do BNG para que se instale. durante todo o mes de febreiro no balcón da casa consistorial, unha pancarta na que se manifeste o posicionamento claro deste concello contra a violencia machista. Cristina Ferreiro lembrou que neste ano celébrase o décimo aniversario da confección da lei na que se establecían medidas contra a violencia de xénero e que o 25 de novembro é o día internacional de loita contra violencia de xénero. Cristina Ferreiro criticou, ao mesmo tempo, o feito de que os gobernos da xunta e do estado están recortando os fondos destinados á aplicación desta lei.

Para o BNG o posicionamento do concello de Lugo, a respecto da violencia de xénero, debe quedar claramente definida. “non vale con colocar unha mesiña que poucas persoas ven unhas horas diante do concello” dixo Cristina Ferreiro “nin consiste unicamente en facer que os cargos públicos fagan acto de presencia en actos protocolarios de celebración do 25 de novembro” engadiu. Para os nacionalistas as políticas en materia de igualdade deben ser transversais e na súa aplicación deben implicarse os cargos institucionais e todos os escalafóns das distintas administracións.

O BNG PROPÓN A COLOCACIÓN DUNHA PANCARTA CONTRA A VIOLENCIA DE XÉNERO NO BALCÓN DO CONCELLO