O BNG RECLAMA O ACONDICIONAMENTO DO ACCESO AO NÚCLEO DE ROSENDE
As demandas veciñais dirixironse ao BNG ante a pasividade do goberno socialista e concretamente do concelleiro delegado da área de infraestruturas
Lugo, 11 de novembro 2014. A voceira do BNG presentou unha iniciativa para o que o goberno municipal proceda ao acondicionamento da pista de acceso ao núcleo de Rosende desde a Rúa Filgueiro. Paz Abraira lembrou que moitas das pistas existentes nas aforas da cidade pero bordeando a zona urbana están un malas condicións. Este é o caso da pista que dá acceso ás vivendas de Rosende no que as demandas veciñais se dirixiron ao BNG ante a pasividade do goberno socialista e concretamente do concelleiro delegado da área de infraestruturas.
A Rúa Filgueiro, ten unha lonxitude aproximada duns 450 metros e conecta o núcleo de Rosende coa súa principal conexión coa cidade e coa N-VI,. Nesta zona existen varias vivendas e os veciños e veciñas da zona transitan a diario por esta rúa. O tramo citado discurre entre terras de labor e na zona final, concretamente no centro do núcleo, ten
unha maior pendente, o que agrava a situación sobre todo en época de choiva.