O BNG RECLAMA, DAS OUTRAS FORZAS POLÍTICAS, RESPONSABILIDADE AO RESPECTO DOS CASOS DE CORRUPCIÓN
Alexandre Penas dixo que o único xeito de asumir a responsabilidade política, por parte dos cargos imputados, é presentando a inmediata dimisión ao igual que fan os cargos do BNG
A Asamblea dos nacionalistas manifestou o seu rexeitamento aos crimes de violencia de xénero e trasladou a súa condolencia á familia da última muller asasinada en Lugo
Lugo, 25 de febreiro de 2014. A Asamblea do BNG de Lugo, reunida hoxe, acordou reclamar das outras forzas políticas responsabilidade ao respecto dos casos corrupación. Para o BNG non son válidos os brindís ao sol, como os do señor Besteiro, que se da baños de transparencia mentres manten nos seus postos aos cargos imputados en casos de corrupación tamén criticaron, dende o BNG, o xeito de actuar do PP que sacrifica aos concelleiros de vilas pequenas mentres protexe aos cargos con máis pedigree dentro do partido a pesares de pesar sobre eles importantes acusacións.
O responsable local, Alexandre Penas, pediulles ás direccións, a militantes, simpatizantes e votantes de PP e PSOE que fagan mudar estas actuacións para protexer as institucións que gobernan e o propoio sistema democrático. Penas insistiu en que o único xeito de asumir a responsabilidade política, por parte dos cargos imputados, é presentando a inmediata dimisión ao igual que fan os cargos do BNG. Para o BNG compre rexenerar o sistema democratico e eliminar a corrupción e para eso as forzas políticas teñen que estar á altura das circunstacias.
O sumario do caso Pokemon sitúa o Concello de Lugo como punto neurálxico desta suposta trama de corrupción. Para os nacionalistas o sumario deste caso deixou ao descuberto as miserias dos dous partidos estatais. Ademais, lembraron dende o BNG, están pendentes outras causas xudiciais que tamén poñen no seu punto de mira a altos dirixentes do PP e do PSOE lucense.
A falacia do todos son iguais
Neste sentido, o BNG pídelle á xente que se rebele contra estas prácticas corruptas, e subliñou a falacia do todos son iguais coa que o PP quere estender o seu lixo a todos os partidos políticas, porque o BNG demostra cada día que se pode gobernar con honestidade. Alexandre Penas lembrou que calquera cargo do BNG, independentemente da súa inocencia, dimite inmediatamente despois de verse imputado nun proceso xudicial por temas de corrupación.
Unha morte máis
A asamblea do BNG de Lugo manifestou o seu rexeitamento aos crimes de violencia de xénero e trasladou a súa condolencia á familia da última muller asasinada en Lugo. Para o BNG as consecuencias deste tipo de violencia non teñen comparación no estado español e toda a sociedade, as institucións e as forzas políticas temos que poñer as barreiras precisas para frealas e erradicalas dunha vez por todas.