O BNG SOLICITA AO CONCELLO QUE PROMOVA A PARTICIPACIÓN DA CIDADANÍA NAS FESTAS DE SAN FROILÁN

O BNG SOLICITA AO CONCELLO QUE PROMOVA A PARTICIPACIÓN DA CIDADANÍA NAS FESTAS DE SAN FROILÁN

 Antón Bao lembrou que durante a etapa do BNG fóranse abrindo canles de participación

 O portavoz nacionalista dixo que sendo sempre imprescindible para o BNG, nestes momentos a xestión do de todos debe ser mais transparente, participativa e democrática que nunca

Lugo, 31 de xullo de 2013. O voceiro do Bloque no Concello de Lugo reclamoulle hoxe á Concellería de Cultura do Concello de Lugo que manteña a canle de participación creada o ano anterior para que a cidadanía luguesa participe na elaboración, coas súas propostas, do programa das festas do San Froilán.

Antón Bao lembrou que para o BNG é imprescindible que a xestión política conte con transparencia e a máxima implicación e participación social. No ano 2011, cando o BNG tivo a responsabilidade de organización das festas, xa se abriu esta canle participativa da cidadanía, continuando coa mesma durante o 2012. Ademais neste último ano 2012 tamén se incluíu a participación na elección do cartel das festas mediante votación popular. Este ano, xa sendo xestionadas polo goberno mono color do PSOE, descartouse de plano a elección popular do cartel, polo que “ o BNG reclámalle ao PSOE que non dea mais pasos atrás neste xeito de entender a xestión pública, e que se comprometa a implicar á cidadanía na participación das festas, agora que aínda estamos a tempo”.

O nacionalista lembrou que o ano pasado xa se habilitou un canal específico a través de internet para a captación das propostas cidadáns. “O traballo esta feito, o éxito contrastado, só falta a vontade política do Concello de non limitar a participación da cidadanía” concluíu Bao.

Por último o portavoz municipal do BNG no Concello de Lugo Antón Bao dixo que se para a súa organización política foi e é sempre fundamental, “cremos que hoxe en día ten que selo para todo xestor do público, insistir en que democratizar, promover a transparencia na xestión e a participación real da xente na mesma deben ser obxectivos prioritarios da política”.

O BNG SOLICITA AO CONCELLO QUE PROMOVA A PARTICIPACIÓN DA CIDADANÍA NAS FESTAS DE SAN FROILÁN