O BNG DENUNCIA A FALTA DE LIMPEZA NO PARQUE DA MILAGROSA E NAS ZONAS DE XOGO INFANTÍS

O BNG DENUNCIA A FALTA DE LIMPEZA NO PARQUE DA MILAGROSA E NAS ZONAS DE XOGO INFANTÍS

Paz Abraira demandou do concello que “sexa  especialmente coidadoso coa limpeza das áreas de xogo infantil” 

Lugo, 1 de agosto de 2013. A edil do BNG no concello de Lugo, Paz Abraira, denunciou o estado de suciedade no que se atopa o recinto do parque da Milagrosa e, especialmente, a zona de xogos infantís. Os nacionalistas demandan do concello que se teña un “especial coidado coa limpeza das área de xogo infantil” xa que, segundo explicou Paz Abraira “esto podería acarrexar graves problemas”. A edil nacionalista visitou esta mañá o parque da Milagrosa (antiga Frigsa) e denunciou o estado no que se atopa todo o recinto debido á falta de limpeza da zona.

O BNG lembra, a través da súa edil Paz Abraira, que se veñen recibindo críticas de veciños e veciñas de Lugo que se queixan da falta de limpeza en diversas zonas de xogo infantil na cidade. Para Abraira “o concello debe ser escrupuloso coa limpeza destas zonas xa que son especialmente sensibles pola idade dos nenos e nenas que as utilizan habitualmente”. Para o BNG o concello debe de executar un plan de limpeza diario destas zonas para evitar problemas de salubridade entre os nenos e nenas que utilizan todas as zonas de xogo da cidade.

A nacionalista dixo tamén que o parque da Milagrosa “debe recibir unha especial atención dos servizos de limpeza municipais debido á celebración semanal de dous mercadillos e tamén ao grande número de usuarios que ten esta zona verde da cidade”.  Abraira reclamou, como xa fixeran o BNG, que se vixie tamén a proliferación de malas herbas nas beirarúas e edificios deste parque e no resto da cidade.

O BNG DENUNCIA A FALTA DE LIMPEZA NO PARQUE DA MILAGROSA E NAS ZONAS DE XOGO INFANTÍS