PARA O BNG É UNHA VERGOÑA O QUE FAI O PP CON LUGO
A voceira nacionalista cargou contra PP e PSOE por manter acordos que deixan a Lugo sen Plan Paradai, sen museo da romanización e sen servizos para o HULA
Paz Abraira dixo que o PP non tapará as súas vergoñas con esta cidade pedindo uns terreos para o Colexo do Sagrado Corazón
Lugo, 22 de outubro 2014. A voceira do BNG no concello de Lugo, Paz Abraira, criticou hoxe a actitude de López Orozco, quen públicamente se queixou de non recibir fondos para Lugo mentres, pola porta de atrás, está a manter acordos co partido popular aceptando recortes a cambio do apoio dos populares en certas cuestións dixo Abraira. A edil nacionalista lembrou que López Orozco aceptou a negativa do conselleiro de Cultura a avanzar na conversión do Cuartel de San Fernando nun museo da romanización e tamén describiu como o goberno do PSOE acordara co PP o finiquito do Plan Paradai. Paz Abraira fixo estas valoracións despois de sinalar que onte se desparazara ata a Coruña para dar o seu apoio ao voceiro do BNG na cidade herculina, Xosé Manuel Carril, que foi xulgado por participar nas protestas contra o desafiuzamento da octoxenaria Aurelia Rei.
Abraira dixo que non saimos do noso asombro vendo as declaracións e valoracións que fan PP e PSOE aos orzamentos da Xunta e puntualizou que se refería fundamentalmente ás valoracións relativas ao Cuartel de San Fernando e ao Plan Paradai. Criticou que o alcalde se erixise como o abandeirado defensor da conversión do Cuartel de San Fernando, cando o 25 de agosto de 2014 acudiu a unha xuntanza con conselleiro de cultura e aceptou, sen máis, que a Xunta demorase por varios anos o arranxo deste edificio. A voceira do BNG afirmou que agora monta este paripé por que sabe este acordo co PP resulta molesto para todas as persoas qeu ddefenden a transformación do cuartel de san fernando en museo da romanización. Para o BNG non é normal que ante a socidade se rasge as vestiduras por estes recortes mentres que cada vez que acude a unha reunión agacha a cabeza ante os gobernante do PP.
O mesmo acontace co Plan Paradai dixo Paz Abraira e lembrou que o BNG denunciou, no seu momento, o acordo entre PP e PSOE que, a través da sinatura dunha adenda, paralizaba o Plan Paradai. O PSOE aceptou unha imposición do PP e do seu portavoz, Jaime Castiñeira, para que o Plan Paradai desapareza desta cidade afirmou Paz Abraira. No momento en que o BNG denuncia esta paralización, o goberno municipal remite un escrito á Xunta de Galiza. Estes escrito, segundo Paz Abraira é digno de leer por que o único que se fai para tentar lavar a cara é recordarlle ao PP un acordo plenario do ano 2012 e iso faino para contentar ao movemento veciñal de Lugo e para tentar que non se alporicen máis os veciños de Paradai con todo o que está acontecendo. Vemos nos orzamentos da Xunta que a única partida que firua 748.000 euros para o remate da obra actual e queda claro que se remata o Plan Paradai que é o que o BNG denunciou e trasladou ao pleno e Orozco e Castiñeira non tiveron valor a admitir por que esto é admitir que lle están dando as costas a Lugo sentenciou a edil nacionalista.
Abraira cualificou como significativo do que están facendo estas dúas forzas políticas co noso concello o que acontece co HULA onde vemos como os servizos comprometidos para esta cidade e trasladados a través dunha ILP non se tiveron para nada en conta nestes orzamentos da Xunta. Abraira lembrou que so o BNG introduciu nas propostas de resolución do debate do estado de Galiza unha iniciativa para que fose respetado o texto da ILP na súa integridade e o PP non aceptou tal proposta. Por tal motivo os sevizos para o HULA seguen sen data de implantación nen fondos de ningún tipo.
Agora o PP despáchase modificando unha proposta que ía levar ao pleno de novembro e pidelle ao concello que lle entregue os terreos para o colexo do Sgado Corazón pero con esto non tapa as vergoñas do PP con esta cidade dixo Paz Abraira que engadiu que é unha vergoña o que fai o PP e o que permite o PSOE. Abraira sinalou que vemos como hai partidas abertas para outras cidades, como é o caso de Santiago de Compostela, onde é alcalde o que fora conselleiro de política territorial e que foi quen finiquitou o Plan Paradai do concello de Lugo. Abraira referiuse ao actual alcalde santiagués do PP e dixo que logra para a súa cidade o que nin Orozco, nin Castiñeira logran para Lugo que é un tratamento equilibrado en función da poboación e da importancia do nos concello.