CINCO CENTROS DE ENSINO DE LUGO DEBATEN SOBRE AS SÚAS PROBLEMÁTICAS

CINCO CENTROS DE ENSINO DE LUGO DEBATEN SOBRE AS SÚAS PROBLEMÁTICAS

O BNG convocou un acto aberto no que se abordou a problemática de diferentes centros escolares do concello de Lugo

No acto interviron persoas vencelladas aos centros educativos de Anexa, As Gándaras, Quiroga Ballesteros, Sagrado Corazón e IES As Mercedes

LUGO, 10 de abril de 2013. O Bloque Nacionalista Galego convocou un acto aberto baixo o título O ENSINO EN LUGO A DEBATE, Por un ensino público de calidade, contra o desmantelamento e o abandono. O acto tivo lugar no salón de actos do IES Nosa Sra. dos Ollos Grandes (antigo Feminino). Este foro tivo como obxectivo abordar as diferentes problemáticas que afectan ao ensino público e, concretamente, a cinco centros do concello de Lugo.

No acto interviron Froilán Pallín, por parte da FAPACEL (Federación de Asociacións de ANPAS), Antón Castro, da Plataforma en Defensa do Ensino Público, Martín Fernández, da ANPA do colexio de Anexa, Pablo Llanes, presidente da ANPA do colexio de Sagrado Corazón e Luis Blanco da ANPA do IES As Mercedes. Neste debate abordáronse todos os problemas orixinados polos recortes que está a sufrir o ensino público e afondarase no caso particular de cinco centros educativos da cidade que teñen importantes carencias ou están a sufrir procesos de desmantelamento por parte da consellería de educación.

Segundo Antón Bao “neste acto o BNG tratou de dar voz a todos os centros de ensino que están a sufrir as consecuencias das políticas da Xunta”. Sobre o CEIP de Anexa abordouse a situación deste centro e as necesidades de ampliación do mesmo. O colexo das Gándaras é o único colexio público do concello que ten, neste momento, xornada partida. O CEIP Quiroga Ballesteros arrastra, dende fai anos, carencias nas súas instalacións. O CEIP do Sagrado Corazón é un dos centros que estivo ultimamente de actualidade xa que a cesión do espazo que ocupa remata no ano 2018 e compre darlle solución canto antes. O IES As Mercedes está a vivir unha situación preocupante tras o decreto de conversión nun centro integrado de FP.

CINCO CENTROS DE ENSINO DE LUGO DEBATEN SOBRE AS SÚAS PROBLEMÁTICAS