O colectivo MASA CRÍTICA intervirá no pleno do concello de Lugo
Este colectivo pedirá o compromiso da corporación para avanzar na potenciación do uso da bicicleta neste concello
Rubén Arroxo explicou que o BNG Asembleas Abertas é, unicamente, unha ferramenta para facilitar que os movementos sociais poidan presentar inciativas no concello
Lugo, 9 de setembro de 2015. Membros do colectivo Masa Crítica presentaron hoxe, ante os medios de comunicación, a iniciativa que presentarán diante do pleno do Concello de Lugo. Na proposición, que foi rexistrada polo BNG Asembleas Abertas, reclámase que se convirta, entre outras demandas, que a cidade en "Zona 30", poñendo o límite de velocidade en 30 km/h en toda a zona urbana salvo xustificadas excepcións.
Por parte do colectivo Masa Crítica foi Marixa Riera quen explicou que Masa Crítica leva máis de 7 anos con presenza en Lugo e apostamos polo uso normalizado na nosa cidade deste transporte limpo e sostíble. A representante de Masa Crítica anunciou cales ían ser as demandas que lle van trasladar ao pleno do concello de Lugo co fin de obter o apoio de todas as forzas políticas que teñen representación na corporación .
Ademais de converter a cidade en "Zona 30", outra das propostas vai dirixida a crear un carril-bici transversal que una Garabolos co Campus, a través da Avenida de Madrid, Ramón Ferreiro e Avenida da Coruña trátase dunha aposta por converter esta última en sentido único de saída dende a ronda da Muralla ata o Parque da Milagrosa sinalou Marixa Riera. Outro dos carriles-bici que se propón na iniciativa é para unir a Avenida Infanta Elena co Ceao e a rúa Paradai.
Unha das apostas do colectivo é a creación de aparcadoiros de bicicletas, cubertos e vixiados nos diferentes barrios de Lugo ademais da recuperación do servizo de préstamo de bicicletas. A representante de Masa Critica indicou que se solicitará a inclusión de Lugo na Rede de Cidades pola Bicicleta.
Rubén Arroxo explicou a razón pola que foi o BNG Asembleas Abertas a forza política que presentou xa que a proposición tiña que ser rexistrada a través dalgún dos partidos con representación na corporación e sinalou que o BNG Asembleas Abertas é, unicamente, unha ferramenta para facilitar que os movementos sociais poidan presentar iniciativas no concello.