Cosme Pombo, chamou ao PP "Partido do Paro"
O cabeza de lista do Bloque Nacionalista Galego ao Parlamento Galego pola provincia de Lugo, Cosme Pombo, chamou ao PP "Partido do Paro" e afirmou que os datos de desemprego demostran que as políticas de recortes do Partido Popular "non levan a ningún sitio.
Cosme Pombo calificou de mentirán a Feijóo por ter prometido en 2009 acabar co paro en 45 días e deixar a Galiza tres anos despois con 110.000 parados máis. O cabeza de lista do Bloque por Lugo explicou que cando Feijóo chegou á Xunta había 162.000 persoas en situación de desemprego, cando hoxe son xa máis de 275.000. Na provincia de Lugo, dixo, a día de hoxe máis de 25.000 persoas están sen traballo, cando hai tres anos eran 17.000.
Para o candidato do BNG, o PP sácalles os cartos aos traballadores e traballadoras para darllos aos bancos; non llelos saca ás grandes fortunas, dixo.
Por iso, Cosme Pombo pedíu aos sectores prexudicados polas políticas de Feijóo que non volvan votar polo PP o día 21 senón pola única forza política que lles garante un cambio de políticas e non só de políticos.
O cabeza de lista por Lugo dirixiuse aos funcionarios que viron rebaixado o seu salario e degradadas as súas condicións de vida e de traballo, 24.000 na provincia de Lugo; aos 3.000 labregos e labregas que tiveron que pechar as súas explotacións nestes anos; aos miles de galegos e galegas aos que lles roubaron os seus aforros coas preferentes para entregarllos á gran banca e pediulles que non voten a quen os traizoou, que non voten ao Partido Popular.
E pediulles que aposten polo BNG, porque defende un "cambio de políticas en favor do pobo e ao servizo das maiorías sociais e non da gran banca e a oligarquía financieira. O que queira que sigan gobernando para a banca xa sabe o que ten que facer, votar ao Partido Popular, pero o que queira que se goberne para as clases sociais deste país que vote ao BNG, dixo.