CRISTINA FERREIRO: “O CONCELLO ELIMINA ACTIVIDADES DE VERÁN SEN PREVIO AVISO”

CRISTINA FERREIRO: “O CONCELLO ELIMINA ACTIVIDADES DE VERÁN SEN PREVIO AVISO”

A edil nacionalista denunciou que a actividade de xogos na rúa programada onte na Praza Roxa de Fingoi non se celebrou

 Moitos nenos e nenas estaban a agardar pero por alí non apareceu ninguén.

 Lugo, 04 de xullo de 2014.Cristina Ferreiro2 A concelleira do BNG no Concello de Lugo, Cristina Ferreiro, reclamoulle hoxe á Concellería de Benestar Social do Concello de Lugo unha explicación pola eliminación onte, sen previo aviso, da actividade de xogos na rúa programada para a Praza Roxa de Fingoi. Anunciou que presentará varias preguntas e un rogo na comisión correspondente para aclarar estes feitos e esixirlle á concelleira de Benestar seriedade nas súas programacións.

Cristina Ferreiro lembrou que o BNG sempre aposta por levar actividades aos barrios da cidade e que así o ten reclamado en múltiples ocasións. “Cando por fin abren os ollos e programan algo, ao final non o levan a cabo. Nos temos constancia que, cando menos, a da Praza Roxa non se fixo, e que alí había un gran número de familias ás que ninguén lles foi explicar nada  ” dixo a concelleira do BNG.  “Entre as imputacións do alcalde e agochar a cabeza como a avestruz na folga do lixo, parece que non teñen tempo a adicarlle á nosa cidade” rematou a concelleira.

A nacionalista apuntou que “para o BNG as actividades de dinamización en diferentes barrios da cidade teñen un importante interese social e de benestar para as nosas veciños e veciñas, e a súa finalidade de achegar o concello aos seus cidadáns e promover a dinamización comunitaria. Esta sempre foi a nosa aposta. A falta de rigor na programación pode facer o efecto contrario”

A Concellería de Benestar presentou na primeira quincena de xuño as actividades de verán da cidade e editou folletos para todos os centros sociais. “A política virtual do PSOE no Concello de Lugo xa é unha tomadura de pelo constante. Tratase dun goberno incapaz en todos os sentidos, sen ilusión e sen capacidade de traballo por esta cidade. Viven no mundo virtual de roldas de prensa”.

CRISTINA FERREIRO: “O CONCELLO ELIMINA ACTIVIDADES DE VERÁN SEN PREVIO AVISO”