O BNG PIDE AO CONCELLO DE LUGO QUE CONTROLE O USO DA ZONA PEONIL ARREDOR DA ESTACIÓN DE AUTOBUSES

O BNG PIDE AO CONCELLO DE LUGO QUE CONTROLE O USO DA ZONA PEONIL ARREDOR DA ESTACIÓN DE AUTOBUSES

Os nacionalistas presentaron un rogo e varias preguntas á Comisión de Alcaldía e Participación cidadá

  Os veciños elevaron varios escritos ao Concello para que tome medidas cos vehículos que utilizan esta zona como aparcamento e atallo e non obtiveron solución

  Abraira afirmou que "o Goberno municipal ten que garantir a seguridade das persoas nas zonas peonís"

Lugo, 07 de xullo 2014. A voceira do BNG no concello de Lugo, Paz Abraira, rexistrou unha serie de preguntas e un rogo reclamando ao Goberno municipal e concretamente ao Alcalde, López Orozco, responsábel de Tráfico e Policía, un control exhaustivo sobre os vehículos que están a utilizar indebidamente a zona peonil situada á beira da estación de autobuses e que comprende a Rúa Soto Freire e a praza anexa á mesma.

 Os veciños e veciñas desta zona xa formularon diferentes escritos ao Concello de Lugo para que tome medidas, pero a día de hoxe este problema persiste, xa que multitude de vehículos utilízano para aparcar e como atallo ata a Rúa Dinán, co perigo que conleva para os peóns.

 “Tratase dunha demanda reiterada dos veciños e veciñas que viven nesta zona” dixo Paz Abraira. “O BNG aposta pola ampliación e creación de novas zonas peonís, que humanizan a cidade e teñen unha relación directa co aumento de calidade de vida das veciños e veciñas.  Eso si, é absurdo facer estas inversións se logo existe unha desidia constante para o seu mantemento e control, xa que se xeran situacións de perigo e eliminan de facto a posibilidade de dinamizar os espazos públicos “

 Segundo os veciños, o concello aseguroulles en escrito remitido o 4 de abril, que en breve se tomarían medidas. Para o BNG está claro que a día de hoxe, no caso de que se adoptara algunha medida, esta non tivo ningunha incidencia, e o problema de seguridade persiste.

O BNG PIDE AO CONCELLO DE LUGO QUE CONTROLE O USO DA ZONA PEONIL ARREDOR DA ESTACIÓN DE AUTOBUSES