O DEPUTADO COSME POMBO RECLÁMALLE Á XUNTA ESPAZO PARA O CEIP ANEXA DE LUGO

Antón Bao, Cosme Pombo e o secretario do CEIP Anexa
O DEPUTADO COSME POMBO RECLÁMALLE Á XUNTA ESPAZO PARA O CEIP ANEXA DE LUGO

 O nacionalista Cosme Pombo lebra que existe un compromiso para a construcción de novos espazos

 O portavoz municipal do BNG, Antón Bao, denuncia que a Consellería traballa para privilexiar o ensino privado

 Lugo, a 19 de xullo de 2013.

 O deputado do BNG no Parlamento Galego por Lugo Cosme Pombo en rolda de prensa convocada fronte o CEIP Anexa de Lugo anuncio que ten presentado para o seu debate no Parlamento unha batería de iniciativas en defensa dos espazos educativos do CEIP Anexa de Lugo.

Cosme Pombo lebrou que esta necesidade de espazos tanto do CEIP como da propia Escola de Maxisterio é un problema que se leva arrastrando varios anos. Por ese motivo a Xunta, por medio da Xefatura Territorial da Consellería de Educación en Lugo, prometeu hai 2 anos construír novos espazos para o CEIP, garantindo a continuidade do mesmo no edificio actual mais nos novos espazos.

Fronte o anuncio de acordo entre a Xunta e a Universidade para que a Escola de Formación do Profesorado de Lugo comparta 3 aulas co CEIP Anexa en pleno mes de xullo o deputado comentou que “non é de recibo a improvisación dun goberno que non permite compartir ESO e FP nas Mercedes pero autoriza a invasión dos espazos dos máis pequenos polos universitarios”.

As iniciativas do BNG no Parlamento instan á Xunta a proceder de xeito inmediato á construción do novo edificio así como, mentres non se constrúa a nova edificación, a non tomar ningunha decisión que poida prexudicar a calidade do ensino que se imparte no CEIP e que se suspenda calquera iniciativa que non conte co respaldo maioritario da comunidades educativas afectadas.

Por outra banda, o Portavoz Municipal do BNG no Concello de Lugo, Antón Bao, lembrou que a Consellería de Educación está a agredir constantemente o ensino público en Lugo, e fixo un repaso sobre a política do PP neste eido citando ao IES As Mercedes, o Menendez Pelayo e o Sagrado Corazón. O CEIP Anexa conta con 450 alumnos e da un servizo público imprescindíbel ao Centro da cidade, mantendo un servizo de alta calidade a pesar da propia Consellería. “Na actualidade a comunidade educativa xa está a xestionar de xeito brillante uns espazos que a todas luces se quedan pequenos para a impartición dun ensino de calidade. Isto, evidentemente, vai no camiño de primar o ensino privado, do ensino como negocio”, dixo Antón Bao

Á rolda de prensa acudiu tamén o actual secretario do CEIP Anexa ao cal se lle fixo entrega das iniciativas presentadas polo BNG. 

O DEPUTADO COSME POMBO RECLÁMALLE Á XUNTA ESPAZO PARA O CEIP ANEXA DE LUGO