A EMPRESA ADXUDICATARIA DAS OBRAS DA PONTE TEN QUE REPARAR O CANEIRO DA ACEA DE OLGA

A EMPRESA ADXUDICATARIA DAS OBRAS DA PONTE TEN QUE REPARAR O CANEIRO DA ACEA DE OLGA

O BNG advirte que estas obras deben de realizarse cando o río ten pouco caudal de auga

O caneiro foi aberto, cos correspondentes permisos, para reducir o nivel da auga e poder executar as obras de rehabilitación da Ponte Romana

Lugo, 13 de agosto de 2013. O BNG advertiu hoxe, a través da súa edil Paz Abraira, que a empresa adxudicataria das obras de rehabilitación da Ponte debe facerse cargo da reparación do caneiro da Acea de Olga. Abraira lembrou que as obras de reparación do caneiro deben facerse nesta época, cando o río ten pouco caudal de auga. Segundo Paz Abraira “a empresa ten que deixar o caneiro no seu estado incial unha vez rematadas as obras na Ponte” e sinalou que “o concello ten que velar que esto sexa así”.

Segundo explicou a edil nacionalista “o caneiro abriuse para aliviar o caudal do río e provocar unha baixada no nivel da auga que permitise as obras na base dos piares da ponte”. A apertura deste aliviadoiro contou cos permisos preceptivos das diferentes administracións con competencias sobre os cauces fluviais e o medio ambiente.

A apertura do alividoiro efectouse a carón das comportas existentes no caneiro, aproximadamente da metade do muro. Ademais de provocar a correspondente variación no nivel habitual nesta zona do río a existencia de esta apertura, en caso de non ser reparada, podería afectar gravemente á estabilidade estrutural deste caneiro. Acea de Olga é un dos elementos máis significativos da arquitectura tradicional fluvial no concello de Lugo.

A EMPRESA ADXUDICATARIA DAS OBRAS DA PONTE TEN QUE REPARAR O CANEIRO DA ACEA DE OLGA