O FORO DE IGUALDADE FIXO UN PRONUNCIAMENTO UNÁNIME CONTRA AS PALABRAS DO LIDER DO PSOE PEDRO SÁNCHEZ

O FORO DE IGUALDADE FIXO UN PRONUNCIAMENTO UNÁNIME CONTRA AS PALABRAS DO LIDER DO PSOE PEDRO SÁNCHEZ

fotos 300“Dende o BNG consideramos que unha persoa que representa unha forza política a nivel estatal non pode facer este tipo de plantexamentos” dixo Cristina Ferreiro

Afirmacións deste tipo destapan unha falta de consideración por todas as mulleres que están a sufrir a violencia machista e uns plantexamentos que para nada se corresponden co que debe ser a actitude dun dirixente político do século XXI

Lugo, 3 de outubro 2014. A edil do BNG no concello de Lugo propuxo hoxe no foro de igualdade celebrado no concello de Lugo que se fixera un pronunciamento de condena contra as propostas realizadas polo lider estatal do PSOE. Pedro Sánches manifestou literalmente que “las víctimas del terrorismo machista sean también concebidas como funerales de estado con la presencia del gobierno”. A condena, por estas palabras, foi unánime entre as representantes de colectivos e forzas políticas asistentes á xuntanza.

“Dende o BNG consideramos que unha persoa que representa unha forza política a nivel estatal non pode facer este tipo de plantexamentos”  dixo Cristina Ferreiro que engadiu que “afirmacións deste tipo destapan unha falta de consideración por todas as mulleres que están a sufrir a violencia machista e uns plantexamentos que para nada se corresponden co que debe ser a actitude dun dirixente político do século XXI”.

Proposta para o mes de novembro

A edil do BNG aproveitou a xuntanza do foro de igualdade para propoñer que durante todo o mes de febreiro se instale, no balcón da casa consistorial, unha pancarta na que se manifeste o posicionamento claro deste concello contra a violencia machista. Cristina Ferreiro lembrou que neste ano celébrase o décimo aniversario da confección da lei na que se establecián medidas contra a vilencía de xénero e que o 25 de novembro é o día internacional de loita contra violencia de xénero. Cristina Ferreiro criticou, ao mesmo tempo, o feito de que os gobernos da xunta e do estado estén recortando os fondos destinados á aplicación desta lei.

O FORO DE IGUALDADE FIXO UN PRONUNCIAMENTO UNÁNIME CONTRA AS PALABRAS DO LIDER DO PSOE PEDRO SÁNCHEZ