O GRUPO MUNICIPAL DO BNG INSTA AO CONCELLO A PARTICIPAR NO PROGRAMA PIONEIROS DE PUNTO GAL

O GRUPO MUNICIPAL DO BNG INSTA AO CONCELLO A PARTICIPAR NO PROGRAMA PIONEIROS DE PUNTO GAL

Cristina Ferreiro: “ O Concello de Lugo ten debe deixar pasar esta oportunidade de amosar o seu compromiso coas novas tecnoloxías e coa nosa cultura como pobo”

 O Parlamento de Galiza aprobou por unanimidade o apoio a esta iniciativa

Lugo, 09 de xullo de 2014.Cristina Ferreiro A concelleira do BNG no Concello de Lugo, Cristina Ferreiro pediu mediante un escrito ao Concello de Lugo que se implique na promoción da Campaña Punto Gal que se está a desenvolver en toda Galiza, solicitando participar no “ Programa Pioneiros Punto Gal ”.

A iniciativa Punto Gal é promovida desde o ano 2006 pola Asociación Punto Gal, e orientouse a acadar un dominio propio en internet para a lingua e cultura galegas e, a través del, unha maior visibilidade e presenza do pobo galego, identificado como tal, dentro da rede.

Segundo a nacionalista “o Concello ten unha oportunidade para amosar o seu compromiso coas novas tecnoloxías e coa nosa cultura como pobo, polo que lle pedimos que faga a solicitude para que a nosa cidade, e con ela todos e todas as lucenses,  quede vinculada como unha das pioneiras  que apostaron sen complexos e con orgullo polo noso espazo propio no mundo de internet”

Segundo a Asociación Punto Gal fai público na súa web “son moitas as persoas e entidades que teñen amosado o seu apoio a prol dun dominio que servirá para facer visible, a nivel global, a existencia da nosa lingua e da nosa cultura e que está chamado a ser a casa común virtual dos máis de 4 millóns de galegos e galegas que conformamos a comunidade galega no mundo.”

Dentro do Programa Pioneros seleccionaranse 90 que poderán activar unha web .gal o 25 de xullo de 2014

Parlamento de Galiza

Cristina Ferreiro lembrou que, o pasado 26 de xuño,  o Parlamento de Galiza de xeito unánime aprobou unha resolución recoñecendo a importancia ao desenvolvemento da Internet en Galiza, sinalando que sería beneficioso tanto para o desenvolvemento da lingua e cultura galega na rede como, tamén, noutros moitos ámbitos como o empresarial. O Parlamento Galego, asemade, aprobou, nesta mesma resolución, solicitar participar neste “ Programa Pioneiros Punto Gal ”.

O GRUPO MUNICIPAL DO BNG INSTA AO CONCELLO A PARTICIPAR NO PROGRAMA PIONEIROS DE PUNTO GAL