O BNG ESÍXELLE AO PP E AO PSOE O COMEZO DA OBRA DA PONTE DO MERA
Paz Abraira cuestionou o Pacto de Goberno entre PP e PSOE como un intento desesperado de enganar aos veciños e veciñas de Lugo
A Ponte sobre o Mera xa estaba orzamentada no ano 2013 e segue a durmir o soño dos xustos nalgún caixón do Concello
Lugo, 09 de xullo 2014. A voceira do BNG no Concello de Lugo, Paz Abraira, criticou hoxe o pacto entre o Partido Popular e o Partido Socialista para o gasto dos remanentes do ano 2014, ao considerar que queda de manifesto a falsidade do mesmo na incapacidade do Goberno municipal para realizar as obras programadas no ano 2013.
A nacionalista lembrou que no acordo dos remanentes do ano 2013 xa figuraba, entre outros varios, os cartos suficientes para o remate das obras de ampliación da Ponte sobre o Rio Mera. Esta obra foi obxecto da demanda dos nacionalistas durante todo o ano 2013 xa que o proxecto estaba elaborado e o Concello contaba coas partidas orzamentais suficientes para acometela.
A ampliación da ponte sobre o río Mera é unha obra moi demandada polos veciños de Orbazai e, segundo explicou Paz Abraira O BNG apoia aos veciños e veciñas dende hai moitos anos nesta demanda. Para o BNG compre que se efectivice esta obra para conectar definitivamente a zona de Orbazai coa cidade.
O BNG esixe o inicio inmediato das obras pendentes e concrétame as correspondentes á ampliación da Ponte sobre o Río Mera, xa que, neste caso, de retrasalo mais pasaremos o período estival que é cando hai que facer estar obras. A ampliación da Ponte do Mera é unha necesidade para os veciños das parroquias de Orbazai e Adai pois, no caso de Orbazai, é a súa principal vía de acceso a cidade dixo Paz Abraira, que anotou outras obras pendentes do 2013 como o amaño dunha importante parte da Avenida das Fontiñas. Lembrou tamén a concelleira que o BNG, entre outras razóns, non deu o seu voto favorable a os orzamentos do ano 2014 dada a incapacidade do Goberno municipal para efectivizar o xa aprobado hai mais dun ano.
Para Paz Abraira o PP por un lado critica a incapacidade do goberno socialista e por outra asina pactos por debaixo da mesa con eles. Esta claro que estes dous grupos políticos o último que lles interesa é o noso municipio, como ben se pode ver na súa actitude de pasotismo coa folga de lixo da cidade. Para a voceira do BNG resulta sorprendente que o PP e PSOE asinen un acordo de goberno oculto para o que resta de mandato, e quen sabe se tamén para o futuro, cando a día de hoxe as obras de 2013 están sen realizar. Como xa denunciou en diversas ocasións o BNG estas dúas forzas políticas só os moven os votos que pretenden acadar cun acordo que consiste en gastar mais de 5 millóns de euros en obras.
Ademais da evidencia da súa incapacidade de xestión, con este acordo quedou de manifesto que os temas de carácter social e de dinamización económica de Lugo non lles preocupa en absoluto finalizou Paz Abraira.