É necesario que se instale outra carpa na Pza da Soidade para a venda de produtos do campo
Os nacionalistas denuncian a falta de previsión que derivou nunha situación de total acinamento con carencia de baños e contedores para o lixo
Para os na cionalistas o concello non deu unha solución axeitada para quen mantén vivo os mercados semanais coa venda de excedentes das súas producións agro-gandeiras
Lugo, 10 de novembro de 2015. O BNG Asembleas Abertas reclamoulle ao goberno municipal a instalación dunha doutra carpa na praza da Soidade para a venda de produtos do campo os martes e venres. Maite Ferreiro sinalou que hoxe puidemos ver como as persoas que veñen vender os produtos non tiñan espazo físico para colocar a súa mercancia sobre os taboleiros que se puxeron nos soportais de Quiroga Ballesteros e engadiu que semella que ninguén se preocupou de buscar unha ubicación digna para estas persoas.
Ferreiro dixo que dende o BNG Asembleas Abertas propoñemos que se instale outra carpa na praza da Soidade para acomodar, nunha condicións dignas, ás persoas que veñen os días de mercado a ofertar os seus produtos. A edil nacionalista dixo que vese claramente que se improvisou e se meteu á xente que xa non collía nos soportais na mediana da carpa que estaba prevista para os praceiros, ocasionando dificultades de movemento para compradores e comerciantes.
Ademais é necesaria a instalación duns baños na praza da Soidade e dotar dos contedores necesarios a zona para evitar a acumulación de lixo afirmou Maite Ferreiro que tamén sinalou a pouca coordinación existente entre os diferentes concelleiros xa que se permitiu, tamén para hoxe, a execución de obras na igrexa de San Francisco o que dificultaba o acceso ata a carpa situada na praza da Soidade.