OS NEGOCIOS DO LIXO SON COUSA DO PSOE E DO PP, NOS APOSTAMOS POR XESTIONAR RESIDUOS DIXO ARROXO
O BNG ten moi claro cal é o modelo que este concello debe ter para a xestión dos residuos e non pasa por pagar cantidades astronómic
as para as empresas de Luis Lamas sinalou Arroxo
O BNG iniciou a recollida de propostas para o programa electoral nunha Asamblea Aberta na que participaron militantes, simpatizantes e representantes de colectivos
Lugo, 21 de xaneiro de 2015. O candidato do BNG Asambleas Abertas, Rubén Arroxo, anunciou que un dos eixos fundamentais do programa electoral será o ámbito mediambiental. Para Arroxo é preocupante o futuro ao que nos enfrentamos a respecto da xestión dos residuos que producimos e engadiu que nos traballamos e pensamos para o futuro ao contrario dos que buscan un regreso ao 99. Rubén Arroxo referiuse ás verbas de Orozco e dixo que algúns confunden a ilusión co ilusionismo e, quen somos de Lugo, xa coñecemos todos os trucos por que dende o ano 99 as cousas cambiaron moito.
Escoitamos moitas propostas da xente por que saben que se o BNG se compromete significa que as cousas se fan e a xente está cansada de ilusionistas dixo Arroxo. Entre as propostas desta primeira xuntanza recolleronse iniciativas no ámbito do deporte, do emprego, das infraestruturas, da cultura ou da aplicación dos impostos municipais. Arroxo anunciou que esta aseamblea é o comenzo dunha serie de contactos, xuntanzas e visitas que servirán para confeccionar o programa definitivo co que concurriremos ás eleccións municipais de maio.
Nunha asamblea aberta que tiña por obxectivo iniciar o proceso de aportación de ideas para o programa electoral da candidatura do BNG Asambleas Abertas o candidato nacionalista pediu a implicación de todas as persoas que teñan algunha idea para mellorar Lugo. Queremos que nos acheguen propostas por que sabemos que as liñas fundamentais do que nos queremos e o que queren os lucenses son coincidentes afirmou Arroxo. As persoas que así o desexen poderán facer aportacións a través dos seguintes medios: Por correo electrónico : [email protected]; por whatsapp ou telegram: +34 620 26 28 07; por facebook: https://www.facebook.com/BNGLugo ou a través do twitter: https://twitter.com/BNG_Lugo.
Como resultado da asamblea tamén quedaron constitudidas as comisións de traballo que se encargarán de concretar os diferentes apartados do programa. Conformáronse un total de sete comisións que se distribuen nas seguintes áreas temáticas: Benestar; Cultura, Patrimonio e Lingua; Deportes; Medioambiente, Infraestruturas e Urbanismo; Zona Rural; Igualdade; Mocidade. Ademais tamén se nomeou aos responsables de cada unha das comisións. Rubén Arroxo explicou, ás persos participantes na asamblea, cal era o contido do programa marco das candidaturas BNG Asambleas Abertas para os concellos galegos.