O que está pasando no río Miño é un insulto para Lugo e a intelixencia de tod@s nós
O BNG Asembleas Abertas levará ao pleno do xoves unha moción de urxencia para reclamar a implicación de todos os grupos nunha protección real do Miño e do seu entorno
Olalla Rodil lembrou que a Confederación Hidrográfica, dependente do goberno central, autorizou estas obras e a instalación dunha gasolineira e desautorizou a creación dunha zona de pública de baño
Lugo, 23 de novembro de 2015. O voceiro do BNG Asambleas Abertas visitou as obras que se están executando no cauce co río Miño na zona de As Saamasas. Rubén Arroxo estivo acompañado da candidata de Nós Candidatura Galega, Olalla Rodil que lembrou que a Confederación Hidrográfica, dependente do goberno central, autorizou estas obras e a instalación dunha gasolineira e desautorizou a creación dunha zona de pública de baño. Olalla Rodil afirmou que esta é unha mostra máis da necesidade de contar cunha forza política propia en Madrid que defenda os nosos dereitos e a nosa dignidade.
Pola súa banda Rubén Arroxo afirmou que o que está pasando no río Miño é un insulto para Lugo e a intelixencia de todos nós e informou que O BNG Asembleas Abertas levará ao pleno deste xoves unha moción de urxencia para rexeitar o atentando ecolóxico que se está a executar no cauce do río. Arroxo sinalou que esta actuación foi permitida para incrementar os beneficios dunha empresa privada e está a executarse no mesmo lugar no que non se autorizou a creación dunha zona pública de baño. O voceiro nacionalista fixo, tamén, referencia as sospeitas e investigacións xudiciais baixo as que estivo a empresa adxudicataria polos supostos tratos de favor por parte dun ex-membro do goberno municipal socilista.
Arroxo afirmou que en menos dun ano Lugo, e todas as persoas que aquí vivimos, sufrimos dúas actuacións que constitúen un verdadeiro atentado contra o medio ambiente, contra o río Miño e contra o seu entorno. Rubén Arroxo lembrou a instalación dunha gasolineira a menos de 60 metros do cauce do río e agora estanse acometendo unhas obras que producen un tremendo impacto ambiental no cauce do río e nas súa beiras afirmou. En ámbolos dous casos todas as administracións implicadas concederon as autorizacións para a execución das obras. Pola contra o goberno municipal incumpriu todos os acordos tomados neste concello para a creación dunha zona pública de baño. A construción da zona pública de baño non foi efectivizada polos informes que lle recoñecían a esta mesma zona unha especial protección.