PAZ ABRAIRA EXPUSO AS CONCLUSIÓNS DO BNG LOGO DA FINALIZACIÓN DA COMISIÓN DE INVESTIGACIÓN
Esta Comisión crearase para esclarerer o disparo dun traballador do Centro Día Antonio Gandoy
A edil nacionalista dixo que se constataron erros de caracter administrativo e pediu control ao Concello e á Xunta nestas concesións
Paz abraira deixou no debe da ética política e persoal de Carmen Basadre, concelleira responsable política desta concesión administrativa, a contratación desta persoa vinculada a ela sendo
Lugo, 27 de decembro de 2013. A edil nacionalista, Paz Abraira, expuso en rolda de prensa as conclusións da Comsión de Investigación aberta no Concello de Lugo logo de se producir un disparo por parte dun traballador do Centro Día Antonio Gandoy.
A concelleira dixo que se detectaron incumprimentos de caracter administrativo, en ningún momento se detectou un mal funcionamento, unha mala atención as 50 usuarias e usuarios que fan uso deste servizo. O que lle esiximos ao Concello e tamén á Xunta de Galiza loxicamente, é rigurosidade nese control que debe exercer neses servizos que estan xestionadas por empresas privadas. Neste sentido exisiu un control riguroso de todas as concesións administrativas e, sobretodo, daquelas que, como sucede neste caso, teñen unha incidencia directa sobre o benestar da poboación, daquela poboación con mais necesidade de atención social.
O BNG dixo Paz Abraira- pediu desde o primeiro momento que se apartara de inmediato a este traballador deste servizo, e así se fixo. Noutra orde de cousas a concelleira comentou que queda no debe da ética política e persoal da antiga concelleira de Servizos Sociais, Carme Basadre, o feito de que esta persoa fora contratada pola empresa concesioraria cando ela exercia como concelleira desta área, unha persoa directamente vinculada a ela.