PARA PAZ ABRAIRA “A PROPOSTA ESTRELA DO PSOE NACE ESTRELADA”

PARA PAZ ABRAIRA “A PROPOSTA ESTRELA DO PSOE NACE ESTRELADA”

IMG_6124Para o BNG trátase dun “xogo político en ano electoral para enganar aos lucenses, por que Orozco nunca tivo a intención de elaborar uns orzamentos participativos”

“O feito de que non se publicite adecuadamente en que vai consistir o procedemento aboca ao fracaso a proposta do PSOE” dixo Paz Abraira

Lugo, 28 de xaneiro de 2015. A voceira do BNG no Concello de Lugo, tras a celebración da mesa local de comercio, cualificou como “estrelada” a que para o PSOE é “proposta estrela” dos orzamentos participativos. Para o BNG trátase dun acto propagandístico neste ano electoral no que non se vai contar coa xente. Paz Abraira dixo que “neste xuntanza o BNG constatou como dende o goberno municipal se quere facer xogo político cunha proposta insuficiente nun ano electoral”.

Paz Abraira afirmou que “o feito de que non se publicite adecuadamente en que vai consistir o procedemento aboca ao fracaso a proposta do PSOE”. “Resulta incrible que o goberno non estableza mecanismos para que o concello achegue aos barrios e parroquias información sobre o sistema de elaboración dos orzamentos participativos para que os veciños e veciñas tomen partido polos seus intereses” afirmou Abraira.

Para o BNG “trátase dunha proposta que nace estrelada por que o goberno municipal non foi capaz a de desenvolver ningún proxecto”. O goberno municipal socialista, tras 15 anos de mandato no concello de Lugo, pon en marcha este anuncio de orzamentos participativos a menos de 5 meses das eleccións municipais. Segundo Paz Abraira “un proceso de elaboración de orzamentos participativos precisa dun traballo de explicación e motivación aos veciños e veciñas para que se involucren e plantexen as súas necesidades sendo coñecedores dos mecanismos de participación e das súas posibilidades”.

PARA PAZ ABRAIRA “A PROPOSTA ESTRELA DO PSOE NACE ESTRELADA”