RUBÉN ARROXO PIDE UNHA MORATORIA NA EXECUCIÓN DA SETENZA DE DERRIBO DA CASA DE TIRIMOL
Agardamos que a Xunta envíe antes os servizos sociais, para preocuparse pola situación da familia, que as maquinas para a demolición dixo Arroxo
O candidato do BNG Asambleas Abertas interesouse pola situación desta familia sen recursos con dous fillos menores de idade
Lugo, 26 de febreiro 2015. O candidato do BNG-Asambleas Abertas no concello de Lugo, Rubén Arroxo, achegouse a visitar á familia de Tirimol que recibiu a orde xudicial de demolición da súa única vivenda. Arroxo destacou que a situación económica desta familia é equiparable á de moitas persoas que sufren a parte máis dura desta chamada crise económica. Dende o BNG entendemos que, tanto o concello como a Xunta, deben poñer os medios precisos para que estas persoas non se atopen na rúa no momento en que se execute o mandato xudicial dixo Arroxo.
Ademais o candidato do BNG-Asambleas Abertas pediu unha moratoria na execución da sentenza xudicial para que esta familia poida garantir unha vivenda digna para aloxarse. Arroxo sinalou que aínda que non é xustificable o incumprimento da normativa vixente, parece que este tipo de sentencias sempre recaen sobre os máis febles. Rubén Arroxo dixo que agardamos que a Xunta envíe antes os servizos sociais para preocuparse pola situación da familia que as maquinas para a demolición. Arroxo lembrou que, neste caso, a unidade familiar está formada por catro persoas e hai dous menores de idade.
Rubén Arroxo que afirmou que neste caso van demoler unha familia normal, non un edificación ilegal e engadiu que se deberían ter en conta todos os condicionantes que concorren neste tipo de casos xa que non é o mesmo derribar unha segunda vivenda de propietarios acomodados que demoler a vivenda dunha familia que, neste momento, ten dificultades económicas e non ten outro sitio para onde ir. Arroxo lembrou os numerosos casos de edificios incluso de titularidade pública que non contan cos debidos permisos de edificación aos que se lles da o visto bo ou se fai a vista gorda pero non se actúa coa mesma contundencia que neste caso.