VEIGA CHAMA A PARTICIPAR NA CONCENTRACIÓN CONVOCADA PARA MAÑÁ EN FOZ A FAVOR DA PAZ EN PALESTINA

VEIGA CHAMA A PARTICIPAR NA CONCENTRACIÓN CONVOCADA PARA MAÑÁ EN FOZ A FAVOR DA PAZ EN PALESTINA

Esta terá lugar ás 20:30 horas diante da Casa Consistorial de Foz

O BNG reclama á Comunidade Internacional que abandone a súa pasividade e busque unha solución para remartar coa masacre que se está a vivir na franxa de Gaza

A Mariña, 20 de novembro de 2012. O BNG da Mariña convoca para mañá, mércores 21 de novembro, ás 20:30 horas, diante da Casa Consistorial de Foz, unha concentración en contra dos bombardeos israelís contra o pobo palestino.

Para o responsábel comarcal do BNG, Antonio Veiga, ‘a Comunidade Internacional non pode seguir calada ante as agresións de Israel a Palestina, e por iso pido aos mariñáns que amosen o seu rexeitamento contra os bombardeos e toda acción violenta na franxa de Gaza saíndo mañá á rúa para reclamar a paz  para o pobo palestino’.

Os nacionalistas expresan deste xeito a súa solidariedade coa poboación civil palestina e piden á Comunidade Internacional e ao Goberno de España que abandonen a súa pasividade ante a masacre que se está a vivir na franxa de Gaza, que condenen con contundencia estes ataques e fagan todo o posíbel para lograr unha solución política ao conflito.

VEIGA CHAMA A PARTICIPAR NA CONCENTRACIÓN CONVOCADA PARA MAÑÁ EN FOZ A FAVOR DA PAZ EN PALESTINA