CONSISTIRÁ NUN PASEO GUIADO POLO GUÍA TURÍSTICO LUCENSE GUIDO GUÍA

Alexandre Penas e Cristina López presentan a 1ª Andaina solidaria da Asociación Cardiolóxica Lucense

A actividade partirá este domingo ás 11:00 desde a Praza de Abastos

Consistirá nun paseo guiado polo guía turístico lucense Guido Guía
Alexandre Penas e Cristina López presentan a 1ª Andaina solidaria da Asociación Cardiolóxica Lucense




Lugo, 12 de decembro de 2025. A concelleira de Participación e Servizos para a Veciñanza, Cristina López, e o edil de Infraestruturas Urbanas Alexandre Penas presentaron a primeira andaina solidaria organizada pola Asociación Cardiolóxica Lucense (ACARLU), unha actividade aberta á veciñanza que combina a saúde co coñecemento do patrimonio local.

A actividade terá lugar este domingo, a partir das 11:00, e partirá desde a Praza de Abastos. Consistirá nun paseo guiado polo polo guía turístico Guido Guía, e percorrerá diversos puntos do casco histórico da cidade. A actividade tivo tamén unha vertente solidaria, xa que serviu para visibilizar o traballo que desenvolve ACARLU na rehabilitación e apoio a persoas con doenzas cardíacas, así como na promoción de hábitos de vida saudables.

A concelleira de Participación, Cristina López, destacou a importancia de "colaborar co tecido asociativo de Lugo en iniciativas coma esta, que contribúe a mellorar a saúde das persoas afectadas por enfermidades cardíacas". López lembrou ademais que a Praza e o Mercado Municipal están abertos á participación da veciñanza e das asociacións para a organización de diferentes actividades, co obxectivo de facer destes espazos públicos lugares referenciais.

 

Alexandre Penas e Cristina López presentan a 1ª Andaina solidaria da Asociación Cardiolóxica Lucense