O CONCURSO SUPUXO MÁIS DE 200.000€ DE FACTURACIÓN PARA OS 41 RESTAURANTES PARTICIPANTES
Rubén Arroxo e Maite Ferreiro entregan os premios do concurso de tapas de Lugo, organizado pola APEHL coa colaboración da área de Turismo
O concurso supuxo máis de 200.000€ de facturación para os 41 restaurantes participantes
Ferreiro entregou o premio ao restaurante El Boni, gañador desta edición
Ferreiro entregou o premio ao restaurante El Boni, gañador desta edición
15 dec. 2025 - 08:50
Lugo, 12 de decembro de 2025. O Tenente Alcalde do Concello de Lugo, Rubén Arroxo e a concelleira de Cultura, Turismo e Promoción da Lingua, Maite Ferreiro, participaron no acto de entrega de premios do Concurso de Tapas de Lugo, que tivo lugar esta mañá no Vello Cárcere. Maite Ferreiro destacou "a importancia deste concurso para a cidade e para o turismo, así como para a hostalería local", e fixo fincapé na importancia do Concurso de Tapas "para promocionar os productos locais e o consumo de Km0".
O Concurso de tapas 2025 pechou con máis de 40.000 tapas vendidas, o que supuxo unha facturación de máis de 200.000€ para os establecementos participantes. Maite Ferreiro destacou a "importancia deste certame na hostalería local e no comercio da cidade", e agradeceu a todo o persoal da APEHL "a súa implicación ano a ano para que este concurso sexa un éxito".
Os locais participantes nesta edición foron: 3 Pés, A Laxa, Anda, Antas, Ave César, Bulló Xantar, Casa d'Auga Vinoteca, Casa María, Castor, Coco's Bar, Colmado 176y9 – Pazo de Orbán, De Vega, Desnivel, Eduri, El Boni, El Dotmas Bar, Fonte do Rei 2, Glam Taoo, Gran Café – Eurostars Gran Hotel Lugo, La Cosechera de 1977, La Escalera, La Pepita Lugo, La Terraza del Méndez, Las Cinco Vigas, Malizzia Street Food, Mercure Lugo Centro – Brasas Brancas, Mesón El Castillo, Cincuenta e Seis, Figón, Galo, Mercado, Orixe do Campo, Paprica, Pasarela, Prebe, Pub Karrusel, Pulpería O Castelo, San Marcos, The Real Coffee, Toni Portela e Tosar by Boni.
Os finalistas desta edición foron A Laxa, Casa María, El Boni, El Dotmas Bar, Glam Taoo, O Figón, O Mercado, Orixe do Campo, Paprica, Pulpería O Castelo, San Marcos Café y Tosar by Boni. O restaurante gañador, El Boni, foi escollido por un xurado profesional composto por José Antonio Aparicio, presidente do Gremio de Restauradores da Praza Maoor e de Hostelería de Madrid, vicepresidente primiero de Hostelería de España e membro dos órganos de goberno de CEOE-CEIM, CEPYME, Cámara de Comercio e da Mesa de Expertos de Turismo de Madrid Turismo by Ifema; Anabel Costas, empresaria hoteleira do Pirineo, vicepresidenta da Asociación de Empresarios de Hostalería e Turismo de Huesca e directora do Centro de Innovación Gastronómica de Aragón; José Paz Gestoso, director do Centro Superior de Hostalería de Galiza e exdirector xerente do Xacobeo e de Turismo de A Coruña; Constantino Iglesias, director xerente da asesoría Servicios Gastronómicos e propietario de Tizar Gourmet en Ourense; e Juan Pozuelo, cociñeiro, formador e comunicador, director técnico da Academia Bocuse d'Or España, creador do concepto Hamburguesa Nostra e asesor de empresas. O premio escollido polo público foi para El Dotmas Bar.