ALEXANDRE PENAS: "DESDE A TENENCIA DE ALCALDÍA DO CONCELLO DE LUGO TRABALLAMOS PARA GARANTIR O MELLOR ESTADO DE CONSERVACIÓN DA PONTE ROMANA, UN BEN DE INTERESE CULTURAL QUE SE ATOPA NUNHA ZONA DE ESPECIAL PROTECCIÓN"

Alexandre Penas visita os traballos de consolidación da Ponte Romana de Lugo

IMG_0011
IMG_0011

Reforzarase a estrutura da ponte e substituiranse os sillares danados, nunha actuación que ten como data de remate prevista o vindeiro 5 de outubro

A ponte sufrirá cortes no tránsito peonil durante as horas de traballo, previsto entre as 9 e as 16 horas

Alexandre Penas: "desde a Tenencia de Alcaldía do Concello de Lugo traballamos para garantir o mellor estado de conservación da Ponte Romana, un Ben de Interese Cultural que se atopa nunha zona de especial protección"

Alexandre Penas visita os traballos de consolidación da Ponte Romana de Lugo

 

Lugo, 28 de setembro de 2023. O Concelleiro de Infraestruturas Urbanas, Alexandre Penas anunciou o inicio da intervención urxente para consolidar a Ponte Romana. Penas explicou que "no pasado mes, un equipo especializado analizou o desgaste ao que se someteu a estrutura desde as crecidas de caudal de comezos de ano e aos impactos de árbores impulsados polas correntes", e engadiu "imos intervir no menor tempo posible para frear o desgaste da estrutura e garantir a integridade dos distintos piares da ponte".

O Goberno de Lugo actúa para frear o deterioro da ponte antes do comezo da época de choiva. Os traballos consisten na colocación de láminas de madeira hidrófuga reforzadas por unha estrutura que permitirá frear a erosión da auga. Ademais, substituiranse algúns dos sillares danados. Alexandre Penas explicou que a Tenencia de Alcaldía busca con esta intervención "garantir o mellor estado de conservación da Ponte cunha acción rápida antes da crecida do caudal do río ao remate do verán". O Goberno de Lugo executará, de cara á vindeira tempada, a restauración de todas as estruturas da ponte afectadas.

Penas anunciou que a ponte sufrirá cortes no transito peonil durante as horas de traballo debido a que "as grúas dispoñibles son máis grandes do esperado". Fóra do horario, o paso da ponte reabrirase con normalidade.

Penas lembrou tamén a importancia histórica da infraestructura, "dotada de protección integral que forma parte do Camiño de Santiago, Ben de Interese Cultural, e que se atopa encravado dentro dunha zona Red Natura 2000, en concreto na Zona de Especial Protección dos valores Naturais (ZEPVN) Parga-Ladra-Támoga".

A ponte xa sufrira danos hai un tempo, feito polo que o Concello de Lugo xa intervira a raíz das intensas chuvias rexistradas nos meses de inverno e que implicaron a caída e o arrastre de árbores ao longo da ribeira do río. A finais de xullo, explicou o concelleiro, aproveitando o baixo nivel das augas habitual de esta época del año, a Concellería de Medio Ambiente retirou os troncos que permanecían encaixados para "posteriormente proceder a avaliar os danos que afectaron a tres tallamares nos que faltan varios sillares de pedra, quedando expostos á acción da auga", especificou.

O informe foi realizado por un estudo de arquitectura con máis de 35 anos de experiencia na consolidación, reparación e rehabilitación de pontes de pedra, e recolle os danos efectuados nos pilares e nos tallamares da ponte, e recomenda executar unha solución temporal que pare a degradación das estruturas, e executar unha solución definitiva no vindeiro verán, na época de baixo caudal de auga do río, dado que os procedementos constructivos para a execución da restauración son moito máis complexos con caudal alto.

Alexandre Penas visita os traballos de consolidación da Ponte Romana de Lugo