AS CANCELACIÓNS APLÍCANSE SEGUNDO AS ÚLTIMAS INDICACIÓNS DAS AUTORIDADES SANITARIAS

A área de Cultura suspende as actividades da semana da maxia e da semana de música do Corpus

Reducirase a programación prevista para a celebración do día das Letras Galegas

A área de Cultura suspende as actividades da semana da maxia e da semana de música do Corpus

Lugo, 04 de maio de 2020. A área de Cultura, Turismo e Promoción da Lingua vén de cancelar, seguindo as últimas indicacións das autoridades sanitarias, as actividades previstas para a semana da maxia e a semana da música do Corpus. Segundo declarou a concelleira de Cultura, Maite Ferreiro, “desde o Concello de Lugo temos previsto impulsar actividades culturais adaptadas ao cumprimento das indicacións das autoridades sanitarias, buscando sempre que sirvan para dinamizar o Concello, animar á veciñanza e dar un impulso económico a todo o tecido que desenvolve a súa actividade arredor da actividade cultural”.

“Á espera do que se publique, de xeito oficial, a normativa que defina as fases da desescalada queda claro que non existe un plan específico para o ámbito cultural”, afirmou Maite Ferreiro, que engadiu “que a fase a desescalda se planifique dende Madrid é un erro por que a realidade das vilas e cidades galegas pouco ten que ver coa óptica que se pode ter dende o goberno do estado”. Segundo Maite Ferreiro, “máis preocupante é actitude da Xunta de Galicia e do seu presidente que quedou parapetado tras do mando único e non está a asumir nin defende as súas competencias”

“Esta crise sanitaria é unha situación excepcional, e dende a área de Cultura debemos dar tamén unha resposta tamén excepcional”, afirmou Maite Ferreiro, que engadiu “para as estruturas profesionais da cultura galega estamos diante dun contexto de loita pola propia supervivencia, e dende as institucións temos o deber de colaborar con este sector”. Por esta razón, a edil de Cultura afirmou que “manteremos a nosa colaboración e o apoio ao sector cultural e ao tecido asociativo lucense”.  

A área de Cultura suspende as actividades da semana da maxia e da semana de música do Corpus