O CONCERTO DA BANDA CELEBRARASE O DÍA 12 NO MARCO DAS FESTAS DE SAN FROILÁN

A Banda Municipal de Música continúa a preparar o concerto do 12 de outubro

Maite Ferreiro fixo fincapé na súa disposición a aclarar calquera dúbida que poida xurdir en canto á actuación da Banda
A Banda Municipal de Música continúa a preparar o concerto do 12 de outubro

Lugo, 25 de setembro de 2019.  Maite Ferreiro reuniuse esta mañá cos integrantes da Banda Municipal para aclarar como se está a levar proceso previo ao concerto do vindeiro día 12. Os ensaios continúan con total normalidade baixo a batuta do director convidado. Maite Ferreiro declarou que “o camiño fácil sería deixar desaparecer a Banda pero dende o goberno local seguiremos traballando para que a Banda poida seguir a soar nesta cidade”, e engadiu “o preocupante debería ser que a Banda Municipal non tocase nas festas do San Froilán”.

 

Maite Ferreiro mostrou a dispoñibilidade da área de cultura para “aclarar calquera tipo de dúbida que poida surxir en canto á actuación da Banda no San Froilán” e destacou o “compromiso” do goberno local e a disposición dos membros da banda para continuar a realizar novos concertos no futuro.

 

Xunta de Goberno

Maite Ferreiro indicou que no día de hoxe a Xunta de Gobenro local aprobou as bases para cubrir as baixas e ausencias do persoal docente da Escola Municipal de Música, integrantes tamén da Banda Municipal.

A Banda Municipal de Música continúa a preparar o concerto do 12 de outubro