NO ANO 2016 HABÍA 650.000 € PARA DESDOBRAMENTO E HUMANIZACIÓN DA AV. DUQUESAS DE LUGO, COA CREACIÓN DUN CARRIL BICI E BEIRARRÚAS

O BNG – AA preguntará pola situación na que se atopa o desdobramento da Duquesa de Lugo

dUQUSA

“Fai un ano a alcaldesa de Lugo e o presidente da Deputación anunciaron o inminente comezo das obras e un ano despois non se fixo nada” dixo Arroxo

O BNG – AA preguntará pola situación na que se atopa o desdobramento da Duquesa de Lugo

Lugo, 23 de febreiro 2018. O voceiro do BNG-AA, presentará unha serie de preguntas para coñecer cales son as previsións do goberno municipal de cara ao desdobramento da av Duquesa de Lugo, no tramo máis próximo ao polígono industrial do CEAO. “Fai un ano a alcaldesa de Lugo e o presidente da Deputación anunciaron o inminente comezo das obras e un ano despois non se fixo nada” dixo Arroxo que sinalou “todas as persoas que vivimos en Lugo estamos fartos dos anuncios que fai o PSOE e que se converten en non facer nada”.

Rubén Arroxo lembrou que no orzamento do ano 2016 estivo prevista unha partida de 650.000 € para o desdobramento e humanización desta avenida, ademais contemplábase a creación dun carril bici e beirarrúas en zonas de perigo para os peóns. O BNG levará este tema á vindeira comisión de infraestruturas para que o goberno explique cales son as razóns que levaron á paralización desta obra tan necesarias para desconxestionar o tráfico entre a cidade e o polígono industrial do CEAO.

Trátase dunha obra necesaria que, foi anunciada en diferentes ocasións, pero que non foi resolta por este goberno que “solo sabe vender fume”. O desdobramento da av. Duquesa de Lugo é unha obra necesaria para desconxestionar un dos principais accesos da cidade á A-6 e á zona industrial de Lugo. As obras terían que ser asumidas pola propiedade dos terreos no momento en que se urbanizase a zona, pero “unha vez que o goberno toma a decisión, acertada, de actuar subsidiariamente nesta zona e se anuncia esta obra é preciso que se execute ou se explique cales son as causas do retraso” afirmou Arroxo e anunciou que “o BNG seguirá traballando para que esta obra necesaria se execute dunha vez”.

 

O BNG – AA preguntará pola situación na que se atopa o desdobramento da Duquesa de Lugo