A PRESIÓN DO BNG-AA PROVOCOU QUE SE CUBRIRA A BAIXA MÉDICA DUNHA PERSOA QUE PRESTABA OS SEUS SERVIZOS EN SERVIZOS SOCIAIS

O BNG-AA preguntará polos criterios do goberno para cubrir as baixas do persoal municipal

“É preocupante que non se cubran certas baixas médicas e queremos saber que vai pasar coas prazas nas que se estás xubilando as persoas que as ocupaban” dixo Maite Ferreiro

O BNG-AA preguntará polos criterios do goberno para cubrir as baixas do persoal municipal

Lugo, 31 de outubro de 2017. A edil do BNG no concello de Lugo, Maite Ferreiro, anunciou que o BNG-AA presentará unha serie de preguntas para que o goberno municipal explique cales son os criterios á hora decidir cales baixas do persoal municipal se cubren con novas contratacións e cales non. Maite Ferreiro sinalou que “son moitas as baixas médicas de longa duración que non se están a cubrir e o mesmo ocorre coas xubilacións”. Para o BNG resulta “inexplicable” que non se contrate persoal para facilitar o funcionamento do concello que está practicamente paralizado e en moitos casos débese á falta de persoal.

Ferreiro dixo que “na maior parte dos casos non vale a cantinela que repite a alcaldesa de culpar ao goberno central e a Montoro da imposibilidade para a contratación, por que estamos falando de substituír a persoas que están de baixa médica ou xubilacións que son totalmente previsibles”.  No relativo ás xubilacións Ferreiro lembrou como en na área de cultura non se cubriron dúas xubilacións, a Banda Municipal de Música continúa sen dirección, e en breve haberá máis xubilacións que afectarán aos servizos de enxeñería e arqueoloxía. Dende o BNG-AA tamén se lembrou o desmantelamento feito polos gobernos socialistas dos servizos electromecánicos onde non se cubriron as prazas de todo o persoal que se foi xubilando, “este é un exemplo máis das políticas de persoal do PSOE” afirmou Ferreiro.

Maite Ferreiro preguntará, tamén, por que se vai dar prioridade á pagar horas extras ao persoal municipal en vez de acometer novas contratacións “está claro que nalgúns servizos as horas extra non van a solucionar as carencias existentes”. Ferreiro sinalou que cos fondos destinados ao pago de horas extra poderiase ter contratado ao moito persoal para reforzar os servizos e, engadiu “esto tamén contribuiría a xenerar postos de traballo”. Para o BNG-AA resulta “sorprendente” que o PSOE invente plans de emprego nas institucións que goberna pero non faga contratacións a través dos procedementos regulamentarios que teñen as propias as institucións. Ademais, a edil do BNG, cualificou como “lesiva para Lugo” a presa que ten o goberno municipal por entregarlle cartos aos bancos “co argumento de cancelar a débeda”, mentres se están deixando ao descuberto moitos servizos necesarios para as persoas.

Cobertura dunha baixa en Servizos Sociais

O concello de Lugo efectuou, onte mesmo, a contratación dunha traballadora social para cubrir unha baixa médica de longa duración no departamento de Servizos Sociais. “Foi a presión do BNG-AA o que provocou que se cubrira esta baixa” afirmou a edil nacionalista  que lembrou como “a semana pasada denunciabamos a falta de persoal nun dos servizos prioritarios do concello como é o de Servizos Sociais” e indicou “entendemos que esta ten que ser a política dun partido no goberno que leva as síglas de socialista e obreiro, mais é lamentable que unicamente se tomen medidas tras a denuncia reiterada por parte do BNG”.

O BNG-AA preguntará polos criterios do goberno para cubrir as baixas do persoal municipal