ARROXO LEMBROU QUE AS LUMINARIAS ESTÁN COLOCADAS DENDE O ANO 2012 E NUNCA ENTRARON EN FUNCIONAMENTO CO CONSEGUINTE PERXUIZO PARA A VECIÑANZA

O BNG pide solucións para a iluminación da rúa Camiño de Herrero e do parque de Paradai

IMG_2174

 “Estase a facer obra en todo o paseo do Rato para iluminalo e onde hai a instalación feita non se pon a funcionar” apuntou o voceiro do BNG

O BNG pide solucións para a iluminación da rúa Camiño de Herrero e do parque de Paradai

Lugo, 1 de novembro de 2017. O voceiro do BNG-AA, Rubén Arroxo, trasladará, unha vez máis, unha serie de prenguntas en relación ao alumeado público do paseo do Rato na zona de Paradai e da rúa Camiño Herrero. Arroxo indicou que a zona que carece de iluminación está situada nas inmediacións dos hortos urbanos da parte alta do Rato “a pesares de que hai farolas e luminarias instaladas e conectadas á rede dende fai uns cinco anos”. “Fíxose o gasto de instalación das farolas pero agora non dan servizo pola falta de xestión” dixo Rubén Arroxo.

Arroxo sinalou que a rúa Camiño de Herrero foi executada e urbanizada hai xa 5 anos, mais a pesar diso a día de hoxe segue sen funcionar o sistema de iluminación, cuestión que provoca incomodidades e inseguridade á veciñanza que vive na zona, especialmente as veciñas e veciños da rúa Camiño da Roca que atravesan polo propio parque de Paradai para acudir ás súas vivendas por ser o camiño máis curto.

Nesta zona existen vivendas nas inmediacións e sería unha zona moi utilizada durante as épocas de inverno nas que os días contan con poucas horas de luz. Para as veciñas e veciños que trasladaron esta cuestión ao BNG-AA “non é entendible que non se dea unha solución para que as luminarias instaladas comencen a funcionar despois de tanto tempo”. Tamén piden a posta en marcha desta iluminación algunhas persoas usuarias dos hortos situados na zona.

Rubén Arroxo “estase a facer a instalación de iluminación en todo o paseo do Rato e onde hai a instalación feita non se pon a funcionar”.  Para o BNG – AA os investimentos públicos teñen que dar servizo ás persoas e non serivir unicamente para derivar cartos das institucións ás empresas que fan as obras de instalación “dende os gobernos existe a responsabilidade de finalizar e poñer a funcionar todo aquelo que se fai con fondos públicos” concluíu Arroxo.

Plan Paradai

O voceiro do BNG-AA apuntou que “o Plan Paradai segue sen rematarse, sen orzamento e co beneplácito de PP e PSOE para a súa paralización” e engadiu “pero o máis paradóxico é que naqueles tramos nos que se rematou a obra os servizos seguen sen funcionar”. Arroxo apuntou “á falta de entendemento entre administracións” como causa para que a iluminación desta zona de Paradai non se puxera en marcha dende a súa instalación.

O BNG pide solucións para a iluminación da rúa Camiño de Herrero e do parque de Paradai