NESTE MOMENTO O CALEXÓN PERMANECE ATRANCADO CUN PLANCHA METÁLICA E CUN PAVIMENTO QUE SE ENCHARCA CONTINUAMENTE

O BNG-AA propón o arranxo do calexón da rúa Milagrosa

IMG_0746

Arroxo dixo que “é unha pequena obra que melloraría a vida das persoas que viven nesta barrio histórico da cidade”

O BNG-AA propón o arranxo do calexón da rúa Milagrosa

Lugo, 17 de outubro, 2016. O BNG - AA presentará unha proposta ao goberno municipal para que se proceda a mellorar o pavimento e a limpeza do calexón da rúa Milagrosa. Rubén Arroxo visitou este calexón con veciños da zona para coñecer as súas demandas. Este calexón é unha vía pública que se atopa nunha situación de abandono e que precisa “de pequenos amaños que, con moi pouca inversión, mellorarán considerablemente a calidade de vida das veciñas e veciños da zona” dixo Rubén Arroxo

Rubén Arroxo explicou que “fundamentalmente habería que executar unha pequena intervención sobre o pavimento para evitar a acumulación de augas pluviais”. Ademais é preciso facer unha limpeza de todo o musgo que medra no calexón e dar unha solución á plancha metálica que atranca a saída do calexón. Arroxo explicou que o predio contiguo ao calexón é unha fonte de roedores, suciedade e maleza que debería estar totalmente aillada do propio calexón.

Neste momento o calexón permanece atrancado cun plancha metálica e cun pavimento que se encharca continuamente. Arroxo dixo que “é unha pequena obra que melloraría a vida das persoas que viven nesta barrio histórico da cidade” e engadiu que “o goberno municipal debería utilizar a brigada de obras municipal para acometer estes pequenos arranxos”.

O BNG-AA propón o arranxo do calexón da rúa Milagrosa