O BNG Asembleas Abertas denuncia o desmantelamento dos servizos electromecánicos do Concello
Rubén Arroxo anunciou que levarán á comisión de infraestruturas unha iniciativa para que o Goberno Municipal aclare as súas intencións sobre o mantemento deste servizo
Retirarlles competencias aos operarios municipais e entregárllelas á unha empresa privada, esto é o que está a suceder no concello denunciou Rubén Arroxo
Lugo, 30 de novembro de 2015. O voceiro municipal do BNG Asembleas Abertas no concello de Lugo anunciou que presentarán unha serie de preguntas na comisión de infraestruturas para que o Goberno Municipal aclare as súas intencións sobre o mantemento dos servizos electro-mecánicos do concello. Arroxo informou de que neste momento unicamente dous operarios están a traballar neste servizo, cando chegou a ter ata 17 traballadores.
Rubén Arroxo explicou que non se están a cubrir as baixas de traballadores e que o goberno municipal tampouco deu pasos para cubrir as prazas que quedaron vacantes no servizo. Estamos ante un novo proceso de abandono dun servizo público municipal, mentres se están a desviar os cartos dos lucenses para incrementar os beneficios dunha empresa concesionaria dixo Rubén Arroxo.
Arroxo explicou que dende o goberno municipal se están a entregar competencias, que eran propias dos servizos municipais, a empresas externas e deixase morrer o servizo municipal ao igual que ocurriu en outros servizos municipais que remataron por privatizarse. A falta de dirección deste servizo, por parte do goberno, provoca situacións absolutamente inexplicables que repercuten negativamente no funcionamento do propio servizo e nas arcas municipais dixo Arroxo.
Unha grúa que se contrata e a municipal está parada
Rubén Arroxo incidiu na necesidade dun maior control dos recursos municipais xa que dase o caso de que se está a contratar o servizo da grúa con cesta a unha empresa privada mentres o vehículo municipal que ten esta mesma equipación permanece parado no garaxe. Queremos saber se este tipo de contratacións supón un incremento de gasto para o concello ou que tipo de relacións existen entre a empresa que presta o servizo e os responsables das contratacións dixo Rubén Arroxo.