O BNG da Comarca de Lugo celebrou en Parga a Festa da Patria

O Bloque Nacionalista Galego reuniu máis de 100 militantes e simpatizantes da organización nun xantar de irmandade 

Contou coas intervencións políticas de Ariadna Fernández e de Mónica Roca

O BNG da Comarca de Lugo celebrou en Parga a Festa da Patria

 

 

Guitiriz20 de xullo de 2024.- O Bloque Nacionalista Galego na Comarca de Lugo celebrou hoxe na localidade de Parga a súa tradicional Festa da Patria, na que máis de 100 militantes e simpatizantes da organización reuníronse nun xantade irmandade. Ademais, contou con diversas actuacións de música tradicional.

Este acto lúdico e reivindicativo enmárcase dentro dos diversos actos previos á celebración do 25 de xullo, Día da Patria Galega, que desenvolve a fronte patriótica por todo o País. O evento deu comezo coa parte política, na que tivo a palabra a deputada do BNG no Parlamento Galego, Ariadna Fernández, a concelleira do BNG en Parga, Mónica Roca. Ariadna Fernández declarou "somos unha nación, orgullosas e orgullosos de ser un pobo traballador que ten moitísima historia tras de si, pero, sobre todo, que ten moitísimo futuro por gañar"

A deputada no Parlamento subliñou "o BNG traballa cun único obxectivo: defender os intereses do País para mellorar a vida dos galegos e das galegas" Fernández destacou que este ano a campaña do BNG para o día da Patria desenvolvese nun contexto de "declive económico" e cunha ofensiva de espolio dos nosos recursos, especialmente o espolio eólico así como a destrucción do río Ulla coa macrocelulosa que Altri e o PP queren implantar en Palas de Rei". Todo iso son exemplo das agresión que o goberno do PP esta cometendo no país e máis en concreto nesta comarca, cunhas multinacionais que veñen esquimar os nosos recursos "por encima das galegas e galegos que vivimos por, para e no territorio" criticou

De igual xeito,Ariadna Fernández chamou a unha gran mobilización para encher as rúas de Santiago neste 25 de xullo, día de celebración e reinvicación "do mellor momento do Bloque" porque todas temos o desexo dunha Galiza "viva, forte, xusta e con futuro" 

O BNG da Comarca de Lugo celebrou en Parga a Festa da Patria