O BNG de Guitiriz organiza unha charla para dar a coñercer á veciñanza de Vilares e Labrada o proxecto do parque eólico "Satrebares"

O BNG de Guitiriz organiza unha charla para dar a coñercer á veciñanza de Vilares e Labrada o proxecto do parque eólico "Satrebares"

 

Guitiriz, 16 de Xaneiro de 2025.- A O BNG de Guitiriz organizou este mércores unha charla para dar a coñercer á veciñanza dos Vilares e Labrada o proxecto do parque eólico "Satrebares", charla na que participou Xosé Manuel Golpe deputado do BNG no Parlamento Galego e consultor enerxético, xunto con Afonso Losada concelleiro do BNG en Guitiriz.

Os poñentes ademais de expoñer a postura do BNG en canto á instalación do parque eólico nestas parroquias, tamén fixeron un desglose dos impactos dos aeroxeradores, con máis de 200 metros de altura, a nivel ambiental, patrimonial e social.

En canto as afectacións ambientais destacaron especies tanto de fauna como de flora que son autoctónas da zona e que xa están en perigo de extinción. Algo que tamén preocupa moito á veciñanza destas parroquias son as afectacións que este parque vai ter sobre os acuiferos, pois nesa serra existen multitude de fontes e regatos que serven como fonte de auga para abastecer estas parroquias. Así mesmo tamén se destacou o efecto negativo sobre elementos patrimonias (mamoas).

A estes impactos súmase o empeoramento na calidade de vida da veciñanza, destacando os informes que demostran o impacto negativo que os aeroxeradores poderían ter na calidade de vida, por exemplo, o ruído, alteracións visuais (efecto discoteca) e isto conleva problemas de saúde.

Afonso Losada: "Facemos esta charla para que a veciñanza coñeza de primeira man todo o proxecto deste parque eólico e poida defenderse ante os ataques das grandes empresas enerxéticas". Despois da charla, deuse un intenso debate, recollendose as inquedanzas da veciñanza e animando a unirse e traballar de forma conxunta para seguir informando sobre este parque. "Dende o BNG non estamos en contra da enerxía eólica pero si estamos en contra da espoliación á que estas grandes empresas teñen sometido a este país", conclúe Losada

O BNG de Guitiriz organiza unha charla para dar a coñercer á veciñanza de Vilares e Labrada o proxecto do parque eólico "Satrebares"