O BNG INSISTE NA NECESIDADE DUNHA REOGANIZACIÓN DA POLICÍA LOCAL DE LUGO

O BNG INSISTE NA NECESIDADE DUNHA REOGANIZACIÓN DA POLICÍA LOCAL DE LUGO

“A sala de control de tráfico debería ser controlada por funcionarios do concello pero neste momento hai que darlle solución”

LUGO, 28 de febreiro de 2013. Antón Bao informou que hoxe mesmo se celebrou unha mesa de contratación na que se adxudicou a contratación da empresa que xestionará a sala de control de tráfico. Bao dixo que o BNG deu un “si crítico” a esta contratación a pesares de que “o ideal sería que persoal do propio concello, e concretamente a policía local, estiveran ao cargo desa sala de control do tráfico”.

Bao denunciou que “o goberno municipal retrasou o que o BNG ven demandando durante os últimos anos que é unha reorganización da Policía Local” para os nacionalistas “esta reorganización é necesaria tamén para un mellor funcionamento da propia policía”. O voto de BNG foi favorable xa que hai que darlle solución ao funcionamento desta sala de tráfico que precisa de persoal con formación técnica específica.

Antón Bao insistiu na necesidade dunha reorganización efectiva da Policía Local de Lugo. A pesares dos acordos tomados no momento da materialización do acordo de goberno entre BNG e PSOE, e segundo o voceiro nacionalista, “houbo poucos avances no referido á reorganización da policía local”. Bao dixo que “ao non efectivizarse con maior celeridade a reorganización da policía local, non se desenvolveu un plan de formación no corpo de policías locais que permitise asumir con medios propios o funcionamento da sala de control de tráfico”.

O BNG INSISTE NA NECESIDADE DUNHA REOGANIZACIÓN DA POLICÍA LOCAL DE LUGO