NOVA XUNTANZA DA COMISIÓN ENCARGADA DE ANALIZAR AS PROPOSTAS DE MELLORA DO SERVIZO DE TAXI

NOVA XUNTANZA DA COMISIÓN ENCARGADA DE ANALIZAR AS PROPOSTAS DE MELLORA DO SERVIZO DE TAXI

A proposta do BNG, representantes do colectivo de taxistas e goberno municipal acordaron unha serie de medidas encamiñadas á mellora deste servizo de transporte público

Non se incrementará o número de licenzas e porase en marcha un terceiro taxi adaptado

Lugo, a 27 de febreiro de 2013. No día de hoxe tivo lugar unha nova xuntanza de todos os grupos políticos,  representantes do colectivo de taxistas e a técnicos municipais para debater a proposta que fora presentada no Pleno Municipal do pasado mes de xaneiro. A xuntanza, celebrada hoxe, materializa o acordo acadado no pleno de traballar sobre as propostas do colectivo para materializar, do mellor xeito posible, todas as propostas presentadas. Segundo Antón Bao “as modificacións afectan fundamentalmente á ubicación das paradas e á circulación dos taxis no concello”. Bao engadiu que “todas estas medidas van encamiñadas mellorar o servizo e reducir os custos para os usuarios”.

Na xuntanza, tras analizar os informes dos técnicos municipais de tráfico, policía e enxeñería, chegouse a un consenso en case todas as demandas plantexadas polo colectivo de taxistas. Son pequenos cambios pero que terán unha importante repecusión entre os usuarios. Bao anunciou a creación dunha nova parada de Taxi na praza de Augas Férreas. Esta nova parada substituirá a existente nas inmediacións da facultade de veterinaria. Haberá modificacións en outras paradas como é o caso da existente diante do Gran Hotel que se trasladará para o outro carril e facilitará a saída dos taxis. Quedaron pendentes de definir a ubicación das paradas de Carlos Azcárraga e a do barrio da Ponte. A de Carlos Azcárraga definirase despois de que o concello fale cos veciños da zona e a do barrio da Ponte ubicarase en función das decisións que se tomen sobre a circulación de vehículos pola Ponte Romana.

Na praza de Comandante Manso colocarase unha sinal que prohiba a saída de todos os vehículos cara a rúa San Roque. Esta solución satisfixo ao colectivo de taxistas xa que elimina a indefinición na que se atopaba a circulación naquela zona. En canto á circulación polo casco histórico pendente da aprobación da ordenanza de policía que será o documento no que se defina toda a circulación nesta zona da cidade. Implementaronse xa cambios semafóricos solicitados polos taxistas e colocaranse as correspondentes sinais de fin de tarifa urbana.

Bao informou, tamén, que se poñerán en marcha un terceiro vehículo que funcionará como taxi adapatado. Non variará o número de licencias, que neste momento é de 69 licencias existentes, xa que dada a actual situación económica xa é bastante complicada que se poida manter este número de taxistas nunha cidade como Lugo.

NOVA XUNTANZA DA COMISIÓN ENCARGADA DE ANALIZAR AS PROPOSTAS DE MELLORA DO SERVIZO DE TAXI